venres, 15 de abril de 2016

OS BIOSBARDOS - Contos para a xente

OS BIOSBARDOS
Contos para a xente
Autor: Eduardo Blanco Amor
Editorial Galaxia, 2006
Colección "Biblioteca Blanco Amor"
Serie "Literaria"

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Sete contos sinceros e intensos coa infancia como protagonista.

Os biosbardos é un conxunto de "contos para a xente", postos todos en boca de sete rapaces de diferentes idades que van contando experiencias persoais do intenso e ás veces dramático mundo infantil.

Estes relatos pertencen, sen dúbida, ao núcleo das mellores páxinas que nos deixou este mestre da moderna narrativa galega.

Son, quizais, as máis sinceras e menos académicas de cantas escribiu. Nelas brillan con luz propia as mellores virtudes do seu autor, sen interferencias de ningún tipo. El mesmo o recoñecía así.

ISBN: 978-84-8288-914-6
Nº de páxinas: 148
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger