martes, 25 de agosto de 2015

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO A PARTIR DE SETEMBRO DE 2015

NOTA INFORMATIVA 

En BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena do Concello de Pazos de Borbén, modificamos o horario de atención ao público
 
a partir do día 2 de setembro
 
O novo horario de atención ao público será o seguinte:


https://www.dropbox.com/s/5di9ohhy28567io/HORARIO%20CENTRO%20ANTENA%20membrete%20A%20PARTIR%2002%20SEPTIEMBRE%202015.jpg?dl=0
 
Seguimos ofrecendo o mellor servizo posible aos veciños e veciñas e prestando os nosos servizos habituais:
  • Préstamos de libros, etc.. 
  • Consulta en Sala de libros, revistas, materiais audiovisuais, etc. 
  • Información e asesoramento sobre busca de información en internet, recomendacións de lectura, servizos e novas tecnoloxías.
  • Acceso a internet gratuíto na Aula Informática.
  • Actividades de promoción da lectura, charlas, obradoiros, etc.
  • Cursos de Formación e Alfabetización Dixital: Mecanografía, Internet e correo electrónico, OpenOffice (Writer, Calc, Impress), Redes Sociais, Busca de Emprego Activo, Creación de Blogs con Bloguer... 
  • Información sobre recursos de Busca de Emprego existentes na rede, e modelos para facer o teu Currículum Vitae e a carta de presentación.

Se desexas ampliar a información sobre os servizos que prestamos e as actividades que levamos a cabo, contacta con nos en:

Rúa Pazos nº 1
36841 Pazos de Borbén
(Pontevedra)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger