E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 27 de xaneiro de 2015

OS BOLECHAS FAN UNHA BANDA

Os Bolechas fan unha banda
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro /Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y marketing
Libro-CD

Idade recomendada: + 3 anos

Tatá está a tocar a corneta e a Pili ocórreselle unha idea: forman unha banda. Ela dirixe mentres Braulio toca o saxofón, Loli o tambor, Carlos o bombo e Sonia toca dous testos de tarteira. Ah! e Chispa toca os axóuxeres.

Pero a banda ten máis músicos: un veciño que toca a guitarra, unha veciña que toca a gaita, outro veciño que toca as maracas e a veciña do ático que toca o helicón do avó.

E que é un helicón? Pois un instrumento que atrona a casa... 

Os Bolechas fan unha banda non só é un libro cunha nova e trepidante aventura dos Bolechas. Tamén é un disco que reúne a algúns dos artistas galegos máis recoñecidos do actual panorama musical.

O disco dos Bolechas inclúe desde a música tradicional galega de Pandeiromus ata a cumbia de O Sonoro Maxín, pasando polo punk máis divertido de Novedades Carminha, o rock de Ataque Escampe ou Sés, o reggae de Transilvanians, o power pop de The Homens. o po pausado de Eladio y los Seres Queridos, o electrónico de Álex Casanova ou o rap de AID. Cada un deles colabora cun tema escrito, composto e gravado exclusivamente para este álbum.

O universo e o espírito dos Bolechas recollido neste CD de dez cancións inéditas, compostas e escritas en galego e gravadas en Galicia en exclusiva para este álbum.

Cancións que farán que os maís pequenos (e non tan pequenos) non poidan deixar de moverse...

ISBN: 978-84-616-6863-2
Formato: 23 x 23 cm
Encuadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 24
Contén 1 CD-Audio

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger