luns, 26 de xaneiro de 2015

Á SOMBRA DOS ANACARDIOS

Á sombra dos anacardios
Texto de Antón Fortes 
Ilustracións de Simona Mulazzani 
OQO Editora Setembro 2010 

Idade recomendada: +8 anos 

Ten flores verdes, ás veces amarelas,
e unhas froitas vermellas que se comen.
Sempre lle pregunto cando me vou a curar,
para non ir máis ao hospital. As follas abanean
co vento... parecen dicir: Axiña. axiña.!

En pleno entroido de Bissau, distínguese a vida dos nenos guineanos cos traballos, e os días de escola e hospital, e envolvéndoo todo, o drama da SIDA. Pero hai un refuxio para os xogos, os segredos e a esperanza. Á sombra dos anacardios medra a vida. Este libro é parte do proxecto da ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ sobre a SIDA na infancia en Guinea Bissau. 

A elección desta árbore -o anacardio- non é gratuíta, xa que abunda neste país africano. Precisamente, o froito, do mesmo nome e comestible, é de sabor agridoce e a súa pel ten propiedades medicinais, polo que é utilizada en produtos farmacéuticos. A ilustradora italiana Simona Mulazzani viste esta árbore protectora con cores moi ligadas ao continente africano: verde, amarelo e vermello intensos. 

978-84-9871-284-1 
Nº de páxinas: 40
Encadernación: cartoné 
Formato: 24 x 30 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger