sábado, 31 de xaneiro de 2015

DON QUIJOTE DE LA MANCHA - IV CENTENARIO da publicación da segunda parte.


"En un lugar de la Mancha, de cuyo nombre no quiero acordarme, no ha mucho tiempo que vivía un hidalgo de los de lanza en astillero, adarga antigua, rocín flaco y galgo corredor..." 

Así comeza a máis apreciada xoia da literatura castelá. Unha das obras máis destacadas da literatura española e da literatura universal, e unha das máis traducidas, que foi publicada nos anos 1605 e 1615 por Miguel de Cervantes Saavedra e impresas no obradoiro de Juan de la Cuesta en Madrid.

Unha novela que conquistou ao mundo enteiro pasando a ser os seus personaxes verdadeiros arquetipos de categoría universal: Don Quixote, idealista e soñador e Sancho Panza, compañeiro leal, práctico e un pouco fatalista.

En 2015 celébrase o IV CENTENARIO da publicación da segunda parte de Don Quijote de la Mancha. 

A primeira parte co título de El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha publicóuse a principios de 1605.

En 1615 apareceu a súa segunda parte co título de El ingenioso caballero don Quijote de la Mancha.

Con motivo desta efeméride BIBLIOPAZOS quere ofrecerlles aos seus lectores e usuarios a posibilidade de ler esta obra cume da literatura universal poñendo a súa disposición varios exemplares da obra en diversos formatos e nos idiomas castelán e galego. 

Don Quixote da Mancha en língua galega editado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia no ano 2005 con motivo da celebración do IV Centenario da publicación da primeira parte desta obra universal.
Segunda parte de Don Quijote de la Mancha nunha coidada edición de Florencio Sevilla Arroyo con introducción e notas do editor.
"El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" nunha edición numerada do texto íntegro orixinal impreso en Madrid por Juan de la Cuesta en 1605 (1ª parte) e 1615 (2ª parte), enriquecida con 109 gravados de Gustavo Doré.

Don Quijote de la Mancha en Comic nunha edición composta por 10 tomos, dirixida por Roberto Castell e editada por Ediciones Naranco S.A. en 1993. 
Obra recomendada para tódos os públicos.
  
Para os lectores infantís  presentamos varios exemplares da colección "Don Quixote e Breogán" do autor Anxo Fariña.

Adaptacións ao galego da obra "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" editadas por Promocións Culturais Galegas S.A. (A Nosa Terra) no ano 2005 con motivo do IV Centenario da publicación da primeira parte desta obra.

Nelas o neno Breogán, despois da lectura da novela, entre en contacto con Don Quixote e Sancho Panza no mundo onírico e intervén nas aventuras máis coñecidas destes personaxes.

Esperámosvos en BIBLIOPAZOS

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger