E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 13 de febreiro de 2014

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS


Hoxe acadamos as 35.000 visitas no blog de Bibliopazos.

Dende que subimos á rede o día 27 de setembro de 2012 nunca pensamos ter tantas visitas nunha poboación rural de 3.200 habitantes.

E todo isto é GRAZAS A VOS, nenos e nenas, rapaces e rapazas, homes e mulleres, veciños e veciñas, usuarios e non usuarios de Bibliopazos que nos seguides día a día e aos que interesan as cousas que publicamos.

Esperamos que sigades visitándonos e así animarnos a seguir traballando para difundir a educación e a cultura en xeral, e tamén a lectura e a formación, en particular.

Aproveitamos para pedirvos tamén que, de cando en vez, visitedes as nosas instalacións e a que vexades nas mesmas todo o que podemos ofrecervos.

Queremos seguir axudando a solucionar as vosas inquedanzas e necesidades de lectura, formación e información sobre calquera tema que vos preocupe ou sexa do voso interese.

Podedes tamén para facervos SOCIOS/AS e aproveitar así ao 100% tódos os servizos que ofrecemos de forma totalmente gratuíta.

No nome de todos os que axudaron a facer e seguimos facendo BIBLIOPAZOS. (Montse, José Manuel, Isa, Iria, Irene...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger