E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 3 de decembro de 2013

Luces, bicos e cores - POESÍA INFANTIL


Luces, bicos e cores
Concha Blanco
Ilustraciones de Gemma Aguasca
Col. Fardel dos soños.
Edicións Embora. Ferrol, 2011

Idade recomendada: + 6 anos 

Dez poemas iluminados por atractivas ilustracións presentan unha natureza amable e xoguetona como un convite a soñar. Como a viaxe do papaventos que agasalla coas súas fitas de cores ás nubes sen labios e soa con ollos para chorar. Porque pode haber tristura no escuro día vestido de gris cando os paxaros, tristes, non cantan e unha enorme nube negra deixa saír o sol, que chora bágoas de amor pola flor da que está namorado e non pode ver. Mesmo a gaita, cansa e triste, quedou sen fala. Pero a noite co seu manto bordado de estrelas é a princesa de negro que cobre as ventás dos cuartos dos nenos e colga nas lámpadas sonos e pesadelos, e a Lúa viste de branco cual maxestosa raíña. O vento soprón gusta de abrir as ventás das casas e castelos, destapar teitos ou arrancar árbores, pero non é malo: é xoguetón, traveso, e gástalle bromas ao mar, que se enfurece con ondas moi gordas, mentres o vento con cariño lle solta bicos de algodón. Como se bican dous delfíns dando saltos sobre a auga.

Entón os sonos son luces e pódese soñar un teatro feito polas flores. Ou imaxinar vinte historias de fadas ou de medo, de reis ou de fantasmas. O pasalo moi ben montando en bicicleta, sen necesidade de móbil, mp3 ou game boy. Así se encontra un a si mesmo e mirándose no espello sabe que os ollos e a cara son o espello invisible da alma.

28 páx.
22 x 22 cm.
Encadernación: Cartoné 
ISBN 978-84-92644-40-7


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger