E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 27 de outubro de 2013

Peregrino na sombra - LITERATURA INFANTIL

Peregrino na sombra
Pere Tobaruela / Ana Boullón
Ilustracións de Andrés Meixide 
Col. Branco de cores, 8. 
Ed. Sotelo Blanco / Consorcio de Santiago. Santiago de Compostela, 2009
 
 
Idade recomendada: +6 anos 
 
Branco de Cores explícalles nesta entrega as alumnas e alumnos do colexio de Orfas en que consiste o Ano Santo, que se celebra cando o día 25 de xullo coincide en domingo dende 1122, cando o Papa Calixto II lle outorgou á cidade de Santiago de Compostela este privilexio. Nel, os peregrinos poden gañar a graza do Xubileu ou perdón dos seus pecados visitando a tumba do apóstolo Santiago, rezando unha oración e recibindo os sacramentos da penitencia e da comuñón. Ao día seguinte entran todos pola Porta Santa, que se abre cada 31 de decembro do ano anterior ao Ano Santo, ven funcionar o Botafumeiro, abrazan a imaxe do apóstolo e baixan á cripta onde está o seu sepulcro. Horas despois, o cabaliño descobre a unha das rapazas debuxando na praza da Quintana a fachada na que está o Pórtico Real, e descobren que dela sae o peregrino na sombra, o duque de Aquitania ou Don Gaiferos, que lles conta que peregrinou a Compostela, para que o apóstolo lle curase a súa tristura. 
 
E dende entón a súa sombra quedou na Quintana, pero só aqueles que o saben poden vela despois de poñerse o sol. 
 
Novo álbum desta colección que se ambienta nos espazos representativos da cidade de Santiago de Compostela. 
 
ISBN 978-84-7824-590-1
28 páx.
23 x 22 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger