martes, 10 de setembro de 2013

Programa para promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo fondo social europeo para o ano 2013

Obxecto: coa  finalidade de  promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas  que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores/as  autónomos/as  ou por conta propia.

Beneficiarios: As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público  de Emprego, que procedan á creación  do seu propio posto de traballo sempre que:

Tipos de subvencións:

1. Subvención polo establecemento como traballador  ou traballadora autónoma ou por conta propia. A contía pode ser dende os 5.000€ ata os 10.000€ dependendo do tipo de persoa que o solicite.

2. Subvención financeira: A subvención terán como límite máximo dende 5.000€ ata 10.000€ dependendo do tipo de persoa que a solicite.

Prazo: as solicitudes deberanse presentar antes do 30 de setembro de 2013.

Máis información:

Oficina de Orientación o emprego e desenvolvemento local do Concello de Pazos de Borbén, de luns a venres en horario de 9:00h a 14:00h.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger