Facebook está a probar unha nova funcionalidade entre un grupo reducido de usuarios norteamericanos, que nos vindeiros días aplicarase a todos os usuarios de EE.UU. para trasladarse logo a todo o mundo e que consiste na posibilidade de crear álbums fotográficos compartidos. Este novo tipo de álbum de fotos permite que os usuarios poidan engadir a amigos como contribuidores, de xeito que ata 50 usuarios poderán engadir imaxes á colección, o que resulta especialmente práctico para recompilar fotografías tomadas por varias persoas durante encontros presenciais.
O novo tipo de galería tamén ten axustes de privacidade de seu, podendo facerse que os álbums só sexan visibles para os contribuidores, que tamén os poidan ver os amigos ou mesmo que sexan públicos. Cómpre destacar que no caso de facer un álbum visible para os amigos inclúense tanto aos amigos do creador do álbum como de cada un dos contribuidores, algo a ter moi en conta, pois pode supor unha exposición moi superior á agardada.
Cando a nova funcionalidade está activa, ao entrar nun dos nosos álbums teremos un botón que facilita a conversión do mesmo en álbum compartido, aparecendo logo un botón para engadir contribuidores.
Por:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.