xoves, 4 de xullo de 2013

Manualidades con Goma Eva

Recordámosvos que durante este més de Xullo realizaranse obradoiros de de "Manualidades con Goma EVA", destinado a nenos e nenas de entre 6 e 13 anos. As datas e lugares son os seguintes:

5 de xullo na Casa Cultural de Nespereira. 
12 de xullo na Casa Escola de Borbén.

19 de xullo no Centro Cultural e Recreativo de Moscoso.
26 de xullo na Casa do Concello en Pazos.
2 de agosto na Casa Escola de O Cabalo.


Os nenos deben traer: lapis, tixeira e regra, latas vacías de varios tamaños.

Horario de 18:00 a 21:00 h

O prazo para anotarse é sete días antes da data da actividade correspondente a cada parroquia.

Prazas limitadas a 10 por parroquia

ACTIVIDADE GRATUÍTA

Máis información nas Oficinas de Información Xuvenil do Concello de Pazos de Borbén, en Horario de 9:00 a 14:00 h. ou no teléfono: 986 498 934

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger