sábado, 4 de maio de 2013

Xardín do pasatempo - LITERATURA INFANTIL

Xardín do pasatempo
Ramiro Fonte
Ilustracións de Jacobo Muñiz
Col. Ala delta. Serie Verde, 24. Ed. Tambre. Vigo, 2008
A partir dos 10 anos 

Conxunto de poemas, por primeira vez na dilatada carreira do autor dedicados ao público infantil, que teñen a nostalxia do tempo ido como eixo e o Xardín do Pasatempo da vila de Betanzos como espazo mítico no que a vida sempre está disposta a ser unha ilusión.

Estruturado en sete partes, o devir do tempo evoca reflexións líricas sobre os días da semana, as estacións, os meses ou determinados anos históricos. Un dicionario de símbolos, con poemas ao jazz ou Kafka pero tamén á billarda ou á rula, e a parte que dá título ao libro, que supón un reencontro cos versos e o soñar inxenuo que aínda garda dentro de si, completan o libro.

Sen concesións ao pensamento elemental, constitúe unha excepcional mostra de poesía infantil e para adultos.

113 páx.
20 x 13 cm.
ISBN 978-84-92404-15-5 

Fonte: BLIX 

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger