Xosé Lois García
Ilustracións de Manolo Uhía
Col. Punto de encontro. Everest Galicia. A Coruña, 2009
Ilustracións de Manolo Uhía
Col. Punto de encontro. Everest Galicia. A Coruña, 2009
Literatura Xuvenil – Narrativa
A maneira de estampas que combinan o telúrico coa poesía, o real coa maxia do inexplicable racionalmente, preséntanse diferentes episodios ou espazos, situados todos eles no territorio esencial do val portugués de Vila Mea.
Así, aparecen: a casa do poeta António Nobre, morada identificativa para o poema e o poeta; os poderes curativos da fonte do Mato e o seu beneficio fertilizador na noite de san Xoán; o san Brais que lle rifa a un labrego alcumándoo de ladrón por lle levar unha ofrenda miserenta polo seu santo; o prodixio do río Odres, transformado en muralla de pedra para impedir que os cabralistas, a cabalo, cazaran a un guerrilleiro que fuxía no seu burro; o monte Marao da terra de Amarante, tan ben retratado no seu espírito polo pintor Amadeo Souza e mais Teixeira de Pascoaes; o amor furtivo de Camilo Castelo Branco, que lle deu ás para voar no seu cabalo; o lume sacro de Vila Caiz e o seu poder fertilizador para as mulleres estériles que acudían á capela de Nosa Señora do Desterro; a heroicidade do Xaneiriña, certeiro cazador con zumba morto na revolta da Alfama; a antiga casa neoclásica do concello, única testemuña do pasado tormentoso que destruíu a histórica vila que fora capital do val; a historia do bandido Zê do Telhado, escoitada unha noite na súa voz e na súa casa moitos anos despois de morto; o templo erguido por un emigrante agradecido ao anacoreta de Rial, creador dunha comunidade de mozos virxes; e, finalmente, os milagres do Malhoa, famoso cociñeiro real que, retirado, confesou que só sabía facer tripas mais coñecía a maxia de facer que os comensais da corte cresen que comían o que el lles dicía que tiñan no prato.
64 páx.
21 x 13 cm.
ISBN 978-84-403-1121-4
Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVA PARA LER A TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.