martes, 21 de maio de 2013

Romaxe de desventuras - LITERATURA XUVENIL

Romaxe de desventuras
Carballude, José
Ilustrador/es: López Lorenzo, Siro
Editorial: Everest Galicia
Colección: Punto de encontro
Edad: +12

Á vila de Leiroso chega un veciño a quen ninguén vía dende había dez anos. En contra do que poida parecer, a súa visita non é causa de alegría nin para a familia nin para os coñecidos. Máis ben, este encontro o que provoca é un gran desacougo en case todas as persoas que se cruzan no seu camiño. O visitante é o espírito de Lisardo Novo, morto dez anos atrás por levar unha vida pouco saudable, que regresa ao mundo dos vivos para cumprir unha misión moi concreta: peregrinar a San Andrés de Teixido porque, como todos sabemos, “vai de morto quen non foi de vivo”. No camiño van xurdindo unha serie de situacións divertidas, que son unha metáfora irónica do comportamento e do sentir do ser humano. 

Idioma: Gallego
ISBN: 978-84-403-0927-3
Nº páginas: 144
Encuadernación: RÚSTICA
Formato: 13,5 x 21 cm.

 Fonte: Everest

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger