Ilustrador/es:
Cubeiro, Suso
Editorial:
Everest
Colección:
Punto de encontro
Edad:
+ 12
"Habitación 202" colle o seu nome dun dos diferentes escenarios no que
se desenvolve esta historia de maquinacións, pesadelos e aparicións. O
personaxe principal, que se estrea como licenciado xornalista, comeza a
recibir recorrentes visitas dun ser que aparenta chegar do Alén
conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá. Isto lévao a pescudar
sobre o seu propio pasado, que el percibe opaco pola sospeitosa
discreción dos pais. Os resultados das indagacións favorecen a intriga,
que se vai complicando nunha atmosfera de misterio, a xeito de xogo cun
colle-deixa deixa-colle, entre o protagonista e o resto dos personaxes
que van enleando, mentres tecen, a historia ata chegar a un final capaz
de conseguir un sorriso tenro no lector.
Idioma:
Galego
ISBN: 978-84-403-1097-2
Nº páginas:
144
Encuadernación:
RÚSTICA
Formato:
13,5 x 21 cm.
Fonte: Everest
FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.