Ed. Xerais, 1998
Colección Narrativa
8ª edición, abril 1999
27ª Edición - Premio da Crítica, 1998 (narrativa)
Premio Asociación de Escritores en Lingua Galega, 1999
Premio Literario Arcebispo San Clemente, 1999
Premio Literario Amnistía Internacional, 2001
O lapis do carpinteiro é unha historia de amor, melancolía e liberdade.Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega ós nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria e o médico republicano Daniel Da Barca, posuidor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.O lapis do carpinteiro é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor.Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o sulco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria.
14,5 x 22,5 cm
Rústica cosido a fío
152 Páxinas
ISBN: 978-84-8302-261-0
Faite socio de BIBLIOPAZOS e lévao para ler na túa casa
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.