Este xoves 23 de Maio, a Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), organiza diversas actividades de animación á lectura e haberá doble actuación do espectáculo de narración oral "Contacontos Animaliños" con Patricia Martínez Rodríguez de EDUVIA (Vías para a Educación).
-Ás 11,00 horas na Sala de Lectura, XORNADA DE CONVIVENCIA cos usuarios da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (ASPAVI), coa que se pretende a normalización das actividades deste colectivo e a participación do mesmo en todos aqueles eventos que estean a disposición da cidadanía en xeral na localidade. Durante esta xornada, ademais da actuación do contacontos, se lles fará entrega a todos os usuarios do seu carné de socios da biblioteca e dun agasallo con motivo da Campaña de Captación de Socios que está a realizar a biblioteca durante este ano 2013.
-As 13,00 horas, novamente na Sala de Lectura, nova actuación de "Contacontos Animaliños" coa participación especial dos rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria do Centro Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos.
Estas actividades enmárcanse dentro do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para este ano 2013, e no que participa a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén BIBLIOPAZOS.

A entrada é LIBRE E GRATUÍTA ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.