E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 20 de marzo de 2013

O arco da vella - LECTURA INFANTIL

O arco da vella
Charo Pita
Ilustracións de Xosé Tomás

Col. Merliño.
Ed. Xerais. Vigo, 2009

A vella Maruxa tiña un amor viaxeiro. Cando el un día embarcou, ela entregoulle o abrigo que lle tecera con sete fíos de la e el deixoulle nos labios un bico e na man un anel de prata. Nunca volveu, pero Maruxa, apañando nos grelos ou montando na moto, ollaba o anel e non o esquecía. Pero unha noite o anel non estaba no dedo. Remexeu por todas partes na casa e na horta sen éxito. Entón con sete cabos dos sete fíos de la argallou unha escada que atou á punta dunha estrela e armada cunha vasoira subiu por ela. Varreu sete veces o ceo mais non atopou o seu anel entre as constelacións. Co seu cazaboloretas apresou setecentas setenta e sete estrelas, mais tampouco o viu. Nin cun potente imán co que removeu satélites, naves espaciais e sete mil planetas.

Triste, cansa e con frío, dispoñíase a durmir cando unha estrela fugaz cruzou a noite. Mirándoa, pediu un desexo con tanta forza que a lúa rodou ceo abaixo e foise coar nun dos seus dedos. E Maruxa quedou durmida co seu fermoso anel de prata.

Contan que á mañá seguinte, nun lugar de carballos e gaitas, un vello albiscou no ceo un arco de sete cores, as mesmas que tinxían o seu abrigo de la.

36 páx.
18 x 20 cm.
ISBN 978-84-9782-978-6

Fonte: BLIX
FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger