A COLECCIÓN GAZAFELLOS é unha colección de DANU  EDITORIAL composta dunha selección de contos de importantes escritores en  formato 15 x15 cm. e 22 páx. por libriño, dirixidos a tódolos públicos e fáciles  de ler, e moi interesantes para todos aqueles lectores de máis de 9 anos en  adiante.
Os autores que podes atopar nesta colección, xa  consagrados da literatura mundial, son:
-Antón Chejov: a súa orixinalidade  consiste no uso da técnica do monólogo, adoptada mais tarde por James Joyce e  outros escritores do modernismo anglosaxón, ademais do rexeitamento da  finalidade moral presente na estrutura das obras tradicionais. Non lle  preocupaban as dificultades que isto plantexaba ao lector, xa que consideraba  que o papel do artista é realizar preguntas, non respondelas.
-Voltaire: É unha figura clave na  historia do pensamento, xa que rexeitou o irracional e animou aos seus contemporáneos  a loitar contra a intolerancia, a tiranía e a superstición. A súa moral basease  na liberdade de pensamento e o respecto a todos os individuos.
-Víctor Hugo: Poeta e novelista, é  considerado un dos mais importantes escritores románticos en francés, pai da  novela social. Denunciou constantemente a segregación social e as  desigualdades. Nos seus contos atopamos a súa filosofía humana e social.
-Gibran Jalil  Gibran: Foi un destacado poeta libanés. Asombrou ao mundo coa súa  sensibilidade e misticismo, quen de expresar os impulsos mais profundas do  corazón e da mente humana.
-Giovanni Boccaccio: É un dos grandes  escritores de todos os tempos. Poeta e humanista italiano, destaca por unha  destacada escrita, rompedora coa tradición literaria, e amosa, en plena idade  media, ao ser humano como artífice do seu destino.
-León Tolstoi: É un dos máis grandes  escritores rusos. Estableceu unha filosofía humanitaria de solidariedade entre  os seres humanos. Os seus contos foron adoptados polas escolas rusas como  textos de lectura.
Os títulos da colección dos que dispoñemos en  BIBLIOPAZOS son os seguintes:
  1.- Bolita, de León Tolstoi.
  2.- Milton e Bolita, de León Tolstoi.
  3.- A morte dun funcionario, de Antón Chejov.
  4.- Pouquiña cousa, de Antón Chejov.
  5.- O Álbum, de Antón Chejov.
  6.- Os dous consolados de Voltaire.
  7.- A torre das ratas, de Víctor Hugo.
  8.- Unha cadela clara, de Antón Chejov.
  9.- Chist!, de Antón Chejov.
10.- O gato e o rato, de Gibran Jalil Gibran.
11.- As ras, de Gibran Jalil Gibran.
12.- Os tres aneis, de Giovanni Boccaccio.
13.- O neno maligno, de Antón Chejov.
14.- A obra de arte, de Antón Chejov.
15.- Historia dun bo brahmín, de Voltaire.
16.- Outra aventura de Bolita, de León Tolstoi.
17.- O ladrón de cogombros, de León Tolstoi.
18.- O incendio, de León Tolstoi.
19.- O vello cabalo, de León Tolstoi.
20.- Aprendendo a montar, de León Tolstoi.
21.- Bolita e o Xabaril, de León Tolstoi.
22.- Os faisáns, de León Tolstoi.
23.- A tartaruga, de León Tolstoi.
24.- Bolita e o lobo, e León Tolstoi.
Seguro que ides gozar coa súa lectura.
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAOS PARA LER NA TÚA CASA


 
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.