Ilustracións de Marta Rivera Ferner
Col. Ler é Vivir. Serie Vermella.
Col. Ler é Vivir. Serie Vermella.
Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 6 anos
Conta unha papoula que a elas gústalles tomar o sol e que lles tiren fotos, porque son moi presumidas. E fráxiles, por iso buscan a protección do millo contra o vento. E traballadoras, pois facilítanlles ás abellas o labor de recoller o pole cando se pousan na súa corola sen mancalas co aguillón. Precisamente unha delas, Amelia, tróuxolle a nova do casamento do martiño peixeiro, que unha semana antes a mancou nun pétalo ao lanzarse á caza dun bichoco e logo pediulle desculpas e mesmo lle levou unha pinga de orballo no peteiro para axudarlle a baixar a febre. Mándalle por unha abella un pouco de pole para que a noiva se maquille con el.
Logo, na festa de despedida do verán, as papoulas aproveitan para espallar a súa semente para poder agromar de novo coa próxima primavera.
Como se ve nas cores intensas das imaxes dixitalizadas que sorprenden a mirada.
60 p. - 19x12 cm.
ISBN 978-84-403-1119-1
Fonte: BLIX
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.