Mércores 26 de decembro do 2012, por
Para instar á mocidade a esforzarse para superar obxectivos nace Keepunto, unha ferramenta extra-escolar avalada polo Ministerio de Industria mediante o Plan Avanza2 que busca potenciar a cultura do esforzo e a educacións financeira a través do que dan en chamar invisible learning (aprendizaxe invisible).
Os mozos que se rexistren en Keepunto poden superar distintos retos intelectuais ou académicos (xeografía, historia, matemáticas...), retos de habilidades (papiroflexia, maquetas...) ou de lóxica (sudokus, sopa de letras...), de xeito individual ou colectivo, obtendo así ingresos en forma dunha moeda virtual chamada KEE (Key Electrónico Effort) que poderá acumularse para poder xestionar e canxear por recompensas de lecer (viaxes, entradas a eventos...), deporte (equipamento deportivo, cursos e actividades ao aire libre), moda (prendas, accesorios e mesmo tarxetas agasallo en distintos establecementos) e tecnoloxía (ordenadores, tablets, smartphones, videoxogos...), entre as que destaca especialmente un Renault Twizy Urban 45.
Durante as primeiras 10 semanas de funcionamento de Keepunto rexistráronse máis de 20.000 participantes, superáronse preto de 50.000 retos e entregáronse 6.750.000 kees.
Para estar ao tanto das últimas novidades de Keepunto, esta plataforma conta cunha aplicación para dispositivos Android que actualmente está en fase de probas.
- Fonte: Código Cero
Keepunto conta cunha aplicación para Android |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.