venres, 11 de xaneiro de 2013

Xa está dispoñible para a súa descarga o Firefox 18 en galego


Dende hai horas os servidores FTP de Mozilla contan, antes do seu anuncio oficial, coa versión definitiva do Firefox 18, nova versión do navegador web que xa está dispoñible para a súa descarga en galego para Windows, OS X e Linux, ofrecendo numerosas actualizacións para corrixir fallos detectados e incorporando tamén novidades, entre as que destaca o soporte das pantallas Retina para usuarios con OS X 10.7 e superior. A nova versión de Firefox consegue un mellor desenvolvemento de JavaScript grazas ao compilador IonMonkey, inclúe soporte preliminar de WebRTC (estándar que facilitará as comunicacións de voz, vídeo e intercambio de ficheiros dende o navegador sen precisar de complementos adicionais), mellora o xeito de mudar entre lapelas e incluso ofrece unha mellor calidade das imaxes que aparecen na web a un tamaño distinto do orixinal (grazas a un novo algoritmo de escalado).

Como vén a ser habitual, tamén inclúe novidades de grande utilidade para desenvolvedores e mellora o seu soporte de HTML5.

luns 7 de xaneiro do 2013, por Marcus Fernández

Fonte:
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger