E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 6 de xaneiro de 2013

Do A ao Z con... Rosalía - LECTURA INFANTIL

Do A ao Z con... Rosalía
Ana María Fernández
Ilustracións de Javi Montes
Col. Ler é Vivir. Serie Morada.
Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 10 anos

Conxunto de poemas que, seguindo unha orde alfabética, recolle palabras chave de Rosalía de Castro para facelas revivir en versos novos, con variedade rítmica e sinxela riqueza metafórica de grande efectividade lírica.

Así: O Aire miudiño e calmo; a Barca miúda, soíña e pequena; os Cantares do mar e dos campos; o Dengue para a festa da que se contaxian mesmo as gaivotas, saltando contentas á comba coa brisa; a Estrela que aluma o camiño escuro da noite; as Follas, musas dos paxariños; Galicia, ou a casa que se herda; a Horta cos seus froitos; o Muíño da casa vella que xira e fai memoria; Iria, onde resoa no río a voz dos poetas nos tempos do frío; o Laíño dos verdes loureiros e do verde xade; os Namorados desfollando a cómplice margarida; a celebración rítmica da festa das Meniñas; os solitarios Outeiros, testemuñas solitarias do penar de amores; o triste Pazo en ruínas asolagado polas negras sombras, no que aínda as andoriñas fan os niños; o Quinteiro, onde o sol asoma e os paxaros ensaian a súa melodía mentres o medo foxe; o Regato armado por bágoas pequeniñas como dediños de prata; o río Sar, que leva as angurias da xente e traduce o falar do lobo; a centenaria Torre, que chama a berros ás xentes que habitan eternos desterros; a comarca do Ullán, co seu val e o río que busca o lecer das praias e as ondas; o vizosos Vales de Bastabales que regan as chuvias con perlas de auga; a Xustiza que lles negaron a todos os que tiveron que marchar e nunca puideron volver; a celebración da froita primeira dos soutos, os Zonchos.

A edición, ilustrada coa presenza dunha natureza esplendorosa, remata cunhas pequenas notas sobre a relevante aparición das voces poetizadas na obra de Rosalía
60 p. - 19x12 cm.
ISBN     978-84-403-1112-2 
Fonte: BLIX
 FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger