venres, 11 de xaneiro de 2013

Liliput - LECTURA ADULTOS

LILIPUT
Manuel Lugrís Rodríguez

Sinopsis
Liliput, opera prima editada do seu autor, introdúcenos, a través dunha historia coa cidade da Coruña como pano de fondo, tamén como personaxe silencioso, na experiencia profesional de Emilio Ramallo, xornalista e gañador do Premio Nacional das Letras, que, pouco a pouco, é obxecto dunha investigación xornalística na que se nos presenta unha época na que todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques, onde os personaxes, semella, non poden escapar ao seu destino.

O resultado é unha experiencia vital marcada pola traizón e o fracaso. Por fin alcanzaba a posición de dominador. Eran as propias posibilidades, independentemente da súa natureza cuantitativa, as que, agora, posuían a forza real suficiente para recuperar a miña condición de home.

Tantos anos tratando de afastarme da paisaxe dos malos recordos, non abondaba para facerme perder, definitivamente, os raigaños a que me consideraba con dereito. Algo se revelara en min...

Datos do libro
  • Nº de páxinas: 320
  • Encadernación: Tapa branda
  • Editoral: BAIA EDICIONS
  • Lingua: GALEGO
  • ISBN: 9788496893603
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger