xoves, 10 de xaneiro de 2013

"El Libro Total" - A Biblioteca dixital de América

El LIBRO TOTAL, a maior plataforma dixital gratuíta en español.

Con máis de 40.000 títulos - literatura clásica, do XIX, infantil...–, o que fai diferente a esta plataforma é a posibilidade de consultar numerosa información sen saír do propio libro. As obras, construídas por grupos de estudo especializados, están enriquecidas con información extra, música, ilustracións, versións noutras linguas...

Creada fai sete anos en Bucaramanga (Colombia) por dous irmáns, Alejandro e Daniel Navas, a web, que toma o nome de Borges e que ten un coidado deseño, xa foi visitada por miles de lectores en todo o mundo -o 60 por cento españois-, cunha franxa de idade que se sitúa entre os 45 e os 65 anos. Dende a súa creación leuse a nada desdeñable cantidade de 300 millóns de páxinas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger