E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 21 de decembro de 2012

O vídeo-currículo de Luis Castro

Recoñecido cun prestixioso galardón nos Estados Unidos
venres 14 de decembro do 2012, por Fernando Sarasqueta
O vídeo en liña do mozo Luis Castro, do que falamos a comezos de ano para dar conta da súa boa acollida como método axeitado para normalizar unha serie de cousas (o uso das novas canles para a procura de actividade laboral, a creatividade posta en xogo nese proceso, a concorrencia de persoas con diversidades funcionais ou motrices no mercado laboral en total igualdade de condicións, etc), vén de obter un importante recoñecemento polos positivos valores que achega e polo atinado do seu compoñente viral. O vídeo en cuestión, que acadou unhas 300.000 descargas en YouTube, foi premiado en Estados Unidos co galardón John Caples 2012 (edición 34), a categoría de Viral Video Marketing.

Como lembraremos, o reclamo en liña de Luis Castro forma parte dunha campaña de FSC Insire e a Fundación ONCE, co-financiada co Fondo Social Europeo, para promover a sensibilización sobre a necesidade de non facer discriminacións, nin dende o empresariado nin dende a sociedade en xeral, á hora de concibir o mercado laboral.

Os premios John Caples foron creados en 1978 por Andi Emerson, un pioneiro da mercadotecnia directa que lles deu o nome do senlleiro redactor John Caples. Os galardóns diríxense a distinguir os mellores traballos do mundo en mercadotecnia directa e interactiva.

Con sede en cincuenta países estes galardóns están financiados por axencias, clientes e provedores e son xestionados por voluntarios da industria publicitaria.

O vídeo-currículo de Luis Castro foi igualmente galardoado co premio ouro Eficacia 2012, recoñecemento especial á concienciación, prata FIAP 2012, na categoría de Prensa e Relacións Públicas e finalista na categoría Interactivos de FIAP 2012 na de Ideas, Comunicación institucional e Patrocinios do Club Creativos 2012. Tamén recibiu o premio Laus 2012 na categoría Dixital e foi finalis
ta dos premios O Sol 2012.



Fonte: Código cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger