luns, 17 de decembro de 2012

Facebook repasa o máis destacado de 2012 para os seus usuarios


Coincidindo coa publicación do Zeitgeist de Google (pouco despois de que Twitter fixese o propio) dende Facebook decidiron facer un repaso do ano 2012 dun xeito máis gráfico, publicando un resumo do máis destacado do ano con gráficas bastante coidades, aínda que centrándose especialmente nos EE.UU. e ofrecendo a posibilidade de repasar os 20 mellores momentos do ano da nosa biografía de Facebook (destaca os elementos publicados na nosa biografía que provocasen a meirande interacción por parte dos nosos amigos e tamén recolle os amigos engadidos e as páxinas gustadas este ano).

Se miramos as tendencias rexistradas en Facebook no caso español temos que os temas centrais serían relativos á vida política e social (o traballo, a folga, Rajoy e a crise económica) seguidos por temas deportivos (Fórmual 1, La Roja, a Eurocopa e Lionel Messi).

Dende Facebook tamén quixeron analizar cales son as cancións máis populares en España durante 2012, e sorprende ver que entre as 10 primeiras está ausente o Gangnam Style de PSY, figurando cancións como Rayos de Sol (José de Rico) e Yo Te Esperaré (Cali y el Dandee), seguidos de temas máis internacionais como Somebody That I Used To Know (Gotye), Rolling In The Deep (Adele), Someone Like You (Adele), Sexy And I Know It (LMFAO) e Call Me Maybe (Carly Rae Jepsen).

Para completar o barómetro español, dende Facebook recollen os lugares máis visitados, que serían As Ramblas (Barcelona), a Porta do Sol (Madrid) e o Camp Nou (Barcelona).

Fontes: Código Cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger