O Concello de Pazos de Borbén, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) e da Biblioteca Pública Municipal–Centro Antena (BIBLIOPAZOS), oferta para o próximo 2013 diversas Actividades e Cursos de FORMACIÓN dirixidos a toda a poboación en xeral maior de 16 anos.
Os cursos, que se impartirán a partir do próximo mes de xaneiro, iránse realizando a medida que se vaian formando grupos para cada un deles, requiríndose un mínimo de 10 persoas por grupo.
Estas actividades impartiránse na Aula Informática da Biblioteca Pública Municipal – Centro Antena, no Pavillón Polideportivo Municipal e diferentes locais culturais das parroquias.
Os cursos ofertados son os seguintes:
Clica na imaxe |
- MECANOGRAFÍA
- INFORMÁTICA BÁSICA (Word/Excel 2003)
- INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO
- POWERPOINT 2003
- BUSCA DE EMPREGO ACTIVO
- REDES SOCIAIS (Facebook, Twitter...)
- MAQUILLAXE
- BAILOTERAPIA
Nas oficinas da AEDL se facilitará toda a información polo miúdo e tamén para realizar as inscricións, cuxas solicitudes deberán entregarse no rexistro do Concello.
As solicitudes de inscrición poden conseguirse nas oficinas da AEDL no Concello, no edificio da Biblioteca Pública Municipal - Centro Antena, e descargase desde internet na web do concello www.pazosdeborben.org e no Blog de BiblioPazos, ou facendo clic AQUÍ.
Para ampliar a información diríxirte a:
AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
CASA DO CONCELLO
Rúa Pazos nº 52
36841 Pazos de Borbén (Pontevedra)
Telf.: 986 498 934 / 986 497 035
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.