venres, 20 de setembro de 2024

CONMEMORACIÓN DO DÍA EUROPEO DAS LINGUAS CON "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" - UN ESPECTÁCULO DE FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"

Continuamos coas actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" dirixidas para todos os públicos coa idea de tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A que presentamos a continuación terá lugar o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas e vai a ser un espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL"un contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárce publicado pola Editorial Galaxia.

Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidade lingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

luns, 9 de setembro de 2024

"HABELAS HAINAS" un espectáculo de maxia e animación para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" presentamos diversas actividades para este mes de setembro para tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A próxima actividade terá lugar o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello; e consiste nun espectáculo de artes escénicas con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".


Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como en anteriores ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 7 de setembro de 2024

AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO DE 2024

Dirixímonos a todos os veciños e veciñas en xeral, e a todas as seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" para contarvos un avance das novidades que temos para este mes de setembro.

Despois de gozar do verán e das vacacións volvemos coas enerxías bastante renovadas para ofrecervos varios eventos dirixidos a todo o público en xeral e aos colectivos de persoas en risco de exclusión social e con diversidade funcional para continuar coa consecución dos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura, e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

Para elo presentamos para as vindeiras semanas varias actividades incluídas no programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

A primeira delas será o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e nesta ocasión teremos un espectáculo con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".

Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como noutras ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Continuaremos o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas co espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista Fran Campos "BANDULLO AZUL". Trátase dun contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel publicado pola Editorial Galaxia.
Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.
Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidad elingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

PRÓXIMAMENTE seguiremos informando sobre novas actividades que estamos organizando do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello e que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Entre estas últimas actividades están pendentes varios OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e a convocatoria do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

sábado, 15 de xuño de 2024

"UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS" de FERNANDO SALDAÑA, para rematar as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a participación do Concello na XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA"

E rematamos as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN e a chegada das vacacións escolares con outra actividade incluída na programación da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que desde Salamanca (Castela-León) tráenos FERNANDO SALDAÑA baixo o título de “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”. Terá lugar o Xoves 20 de Xuño, a partir das 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello.



FERNANDO SALDAÑA é, ante todo, e sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúis e maletas ten contos gardados para todos e cada un. Saldaña asenta a narración nos obxectos cotiáns, nos xogos de maxia, e n bonecos e monicreques, no seu corpo e na súa voz, para que o espectador viva cada unha das súas palabras, como el as goza cando sobe a un escenario ou se coloca diante do seu público nunha escola, biblioteca, xardín ou praza.

No espectáculo “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS” o conto e a maxia danse a man para conseguir unha atmosfera de misterio e emoción que narra a historia dun mariñeiro que pesca un peixe diminuto, apenas un bebé, polo que decide devolvelo ao mar. Ante a súa sorpresa, o peixe fala e infórmalle de que lle concederá un desexo. A partir de aquí, a avaricia da familia fai que queira máis e máis... Unha casa, un palacio, un castelo... Ata que o perden todo... e a esta seguirán outras historias.

Nesta actividade está prevista a asistencia do alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI. e convidamos tamén a asistir a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 11 de xuño de 2024

"OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI" en Pazos de Borbén, unha actividade da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN

A primeira das actividades deste mes de xuño coa que o Concello de Pazos de Borbén participará por sexto ano no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRARIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que celebra neste ano 2024 a súa XII Edición; e coa que conmemoraremos a chegada das vacacións escolares e o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN, será “OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”que terá lugar o Venres 14 de Xuño, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado por PABLO SÁNCHEZ “PABLÍSIMO” (Galicia), unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

“OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Cabici vai subindo e baixando
Ca bici vai de acó para alá
Ca bici vai carretando as historias
Ca bici vai a golpe de pedal.

Convidamos a participar neste evento ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; ao alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; aos usuarios da Asociación ASPAVIe a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao mesmo e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 10 de xuño de 2024

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA E PROMOCIÓN E DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO MES DE XUÑO

O día 5 de xuño no Auditorio do Concello iniciamos as actividades do Programa de animación á lectura e dinamización e sensibilización da Lingua Galega de 2024 da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén coa actividade “SON SAN” a cargo de RAQUEL QUEIZÁS para conmemorar o DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE; actividade á que asistiu o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

As seguintes actividades programadas para este mes son dous contacontos cos que o Concello de Pazos de Borbén participará, por sexto ano, no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que celebra neste ano 2024 a súa XII Edición; e cos que conmemoraremos a chegada das vacacións escolares e o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN.


O primeiro dos contacontos será “OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI” que terá lugar o Venres 14 de Xuño, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado por PABLO SÁNCHEZ “PABLÍSIMO” (Galicia), unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

“OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Cabici vai subindo e baixando
Ca bici vai de acó para alá
Ca bici vai carretando as historias
Ca bici vai a golpe de pedal.
Convidamos a participar neste evento ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; ao alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao mesmo e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

E continuaremos con outra actividade incluída na programación da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL “ATLÁNTICA” que desde Salamanca (Castela-León) tráenos FERNANDO SALDAÑA baixo o título de “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”. Terá lugar o Xoves 20 de Xuño, a partir das 13:00 horas tamén no Auditorio do Concello.

FERNANDO SALDAÑA é, ante todo, e sobre todo, contacontos. Tamén é mago, actor, director de teatro, ilustrador e humorista gráfico. Ten traballado na radio e en televisións locais, foi deseñador gráfico, locutor, profesor de circo e de programas informáticos... Pero o que máis lle gusta é contar historias. A todos. Para todas as idades: desde os bebés ata os que hai tempo que chegaron aos cen. Nos seus cofres, baúis e maletas ten contos gardados para todos e cada un. Saldaña asenta a narración nos obxectos cotiáns, nos xogos de maxia, en bonecos e monicreques, no seu corpo e na súa voz, para que o espectador viva cada unha das súas palabras, como el as goza cando sobe a un escenario ou se coloca diante do seu público nunha escola, biblioteca, xardín ou praza.


No espectáculo “UN SACO DE CONTOS. O PEIXE DE OURO E OUTRAS HISTORIAS”; o conto e a maxia danse a man para conseguir unha atmosfera de misterio e emoción que narra a historia dun mariñeiro que pesca un peixe diminuto, apenas un bebé, polo que decide devolvelo ao mar. Ante a súa sorpresa, o peixe fala e infórmalle de que lle concederá un desexo. A partir de aquí, a avaricia da familia fai que queira máis e máis... Unha casa, un palacio, un castelo... Ata que o perden todo... e a esta seguirán outras historias.

Nesta actividade está prevista a asistencia do alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e convidamos tamén a asistir a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 31 de maio de 2024

Conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo "SON SAN" de RAQUEL QUEIZÁS

Conmemoraremos o Día Mundial do Medio Ambiente co espectáculo SON SAN, un contacontos teatralizado de RAQUEL QUEIZÁS que terá lugar o próximo Mércores día 5 de Xuño a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

Convidamos a asistir a este espectáculo ao alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos os veciños e veciñas que queiran participar neste evento e que se inscriban previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Neste contacontos o protagonista é un neno chamado Xan, (construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco).

Xan cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis.

Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana, (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).

Xuntos, Xan Xana xogarán toda a tarde. Xan con moito apetito tornará contento a casa e, despois dun baño con moito ritmo e unha cea lixeira, na cama quedará durmido.

SON SAN é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.

A través do percorrido de Xan as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable.

Tamén reforzarán os seus coñecementos das partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene.

Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.

Eu estou san, SON SAN e tí?

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

domingo, 19 de maio de 2024

"XOGAMOS CON CONTOS" e "O ALFABETO DOS CONTOS" de Pepa Martín, Mariscadora de Contos, para rematar as actividades de animación á lectura do MES DAS LETRAS GALEGAS


E para finalizar as actuacións do mes das Letras Galegas, teremos unhas novas actividades de animación á lectura para o alumnado de Infantil e Primaria organizadas pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén que se realizarán o Venres 24 de Maio na Biblioteca do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, ás 11:00 e 13:00 horas, respectivamente, e ás que asistirá o alumnado de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Serán levadas a cabo por Pepa Martín, Mariscadora de contos que nos traerá os seus espectáculos de contacontos “XOGAMOS CON CONTOS” e “O ALFABETO DOS CONTOS”.

“XOGAMOS CON CONTOS” é unha sesión de animación lectura no que a cuentera Pepa Martín achegará ao alumnado de Infantil aos libros, convidándoos a participar en xogos, adiviñas e cantos para chegar aos contos. Xogamos con contos, contamos xogando.

“O ALFABETO DOS CONTOS” é unha viaxe desde a orixe do primeiro alfabeto no que Pepa Martín fará que coas letras do alfabeto o alumnado de Primaria chegue aos lugares onde habitan as historias, os enigmas e outras sorpresas.

Agradecer á FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela o seu esforzo pola súa colaboración, patrocinio e organización de actividades de animación á lectura en Pazos de Borbén; así como tamén pola doazón de libros que nos ven facendo ano a ano e que, próximamente, serán postos a disposición dos nosos usuarios e usuarias.

Por último animar a toda a veciñanza a conmemorar o MES DAS LETRAS GALEGAS participando en calquera das actividades que levamos e cabo en BiblioPazos e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca para estimular a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 15 de maio de 2024

"TINTA DO MAR" contacontos ilustrado sobre LUISA VILLALTA de "POLO CORREO DO VENTO" para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos, queremos conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e para elo o próximo Martes 21 de Maio ás 11:00 horas da mañá nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos recibiremos a visita de Quique Mauricio e Carlos Taboada de POLO CORREO DO VENTO que nos ofrecerán o seu contacontos ilustrado baseado no libro “TINTA DO MAR. Pequena biografía de Luisa Villalta”, editado por Polo Correo do Vento a través de Lela Edicións.



Nesta actividade narrarase oralmente a historia, sempre dando pinceladas da obra e vida da autora LUISA VILLALTA GÓMEZ a quen a Real Academia Galega dedica este ano este día tan importante para a exaltación a promoción da nosa literatura e da nosa lingua; e farase un obradoiro de debuxo no que se realizará unha caricatura da escritora, filóloga e violinista galega.
Temos comprometida a asistencia a este evento do alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira; co obxectivo de que a cativada coñeza á autora homenaxeada este ano no DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

O Concello adquiriu 100 exemplares do libro e cada un dos asistentes a este evento será agasallado cun exemplar; ademáis tamén obsequiarase cun exemplar a cada un dos escolares de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez”, ata acabar as existencias.

Por último animar a toda a veciñanza a conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS participando en calquera das actividades que levamos e cabo en BiblioPazos e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca para estimular a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 10 de maio de 2024

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DE 2024 homenaxea á escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2024 a autora homenaxeada é o escritora, filóloga e violinista coruñesa LUISA VILLALTA GÓMEZ:

LUISA VILLALTA GÓMEZ nace na Coruña o 15 de xullo de 1957. A cidade na que residirá a maior parte da súa vida será materia principal da súa obra. No libro "En concreto" tomará a dimensión máis plena ata se fusionar coa propia poeta. A casa familiar situada na rúa Vila de Laxe acolle os primeiros anos de infancia. É a filla maior dunha familia de clase media, o pai, profesor mercantil, a nai, formada en comercio, imprimirán nas dúas fillas a afección pola música. Con oito anos comeza a formación no Conservatorio de Música da Coruña. Dezaoito anos despois concluirá como titulada superior de violino. Estuda no colexio das Xosefinas e remata o curso de acceso á universidade no Instituto Eusebio da Guarda en 1973-74. Ávida lectora desde a infancia, os primeiros anos de vida transcorren entre xogos nos xardíns de Méndez Núñez e na Mariña, debuxando, observando o mundo coa curiosidade dunha nena esperta e decidida nos seus propósitos, fosen estes estudar violino ou aprender a patinar en Riazor....

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de LUISA VILLALTA GÓMEZ, autora homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas Web un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña:


-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.




-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.




-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre LUISA VILLALTA: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.
 

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra da protagonista das Letras Galegas de 2024.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 1 de maio de 2024

NOVO CARNÉ DE USUARIO/A DA BIBLIOTECA, NOVOS SERVIZOS E NOVO HORARIO

Ola a todos e todas os usuarios e usuarias da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén.

Queremos comunicarvos que, despois de varios meses de arduo traballo actualizando e engadindo códigos de barras a todo o seu material bibliográfico, a Biblioteca integrouse no novo programa de xestión Koha formando xa parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Por iso convidámosvose para que vos acheguedes á Biblioteca para actualizar os vosos datos persoais e facervos entrega do NOVO CARNÉ DE USUARIO/A que é único para todas as bibliotecas da Rede.

Con esta incorporación ao catálogo colectivo vai a haber unha serie de cambios no funcionamento da Biblioteca que afectarán ao préstamo e a outros servizos dos que iremos informándovos en breve.

Co novo carné único poderedes recibir os seguintes servizos:

  • Levar en préstamo materiais de calquera das bibliotecas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • Levar máis materiais e por máis tempo (os prazos de préstamo varían segundo o tipo de materiais).
  • Facer máis xestións por internet: ademais da solicitude de Alta, podes reservar exemplares, renovar os materiais emprestados e moitas máis.
  • Saber en que bibliotecas está dispoñible o material que buscas (consultado o catálogo único).

Para elo será imprescindible presentar o novo carné cando queirades levar calquera material da nosa Biblioteca ou dalgunha das bibliotecas da Rede.

Ademais para ofrecervos un mellor servizo, ampliamos o horario de apertura  partir do día 2 DE MAIO que quedará da seguinte forma:

O voso número de usuario será o que vos asigne programa informático ao darvos de Alta na Rede (habitualmente coincide coa numeración do voso DNI sen a letra); e o voso contrasinal asinámoscho nós nun principio pero podedes cambialo cando queirades entrando na páxina web do catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Co voso número de usuario e contrasinal, poderedes utilizar gratuitamente o Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia accedendo á paxina web https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/. Tamén poderedes utilizar a plataforma GaliciaLe de préstamo en liña de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.

En GaliciaLe atoparedes dous catálogos: o Catálogo galego, composto principalmente por libros e audiovisuais en galego, e eBiblioGalicia, cunha ampla selección de libros, revistas e audiolibros. As obras incluídas nestas dúas contornas poderanse ler e visionar en dispositivos compatibles en función do seu formato: lectores de libro electrónico, tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais.

Para utilizar a plataforma dixital GaliciaLe podedes facelo desde o enlace a este servizo da páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia:

https://rbgalicia.xunta.gal/gl/galiciale

Tamén poderedes facelo desde o voso móbil baixando as App da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e eBiblio que podedes descargar desde Google Play ou desde App Store. Para utilizalas, unha vez descargadas, seguide os pasos para entrar co voso mesmo número de usuario e contrasinal que tedes na Rede.

Para ampliar esta información ou para calquera outra aclaración non dubidedes en contactar connosco a través do teléfono da biblioteca 986 497 273; do correo electrónico biblioteca@pazosdeborben.org ou persoalmente visitando a biblioteca no horario de apertura. O persoal da biblioteca estaremos encantados de facilitarvos toda a información que solicitedes e axudarvos cos trámites que necesitedes.

Por último recordar que todos os servizos que ofrece a Biblioteca son totalmente gratuítos e non terán ningún custo para vos.

Pois xa sabedes achegarvos pola Biblioteca para coñecer todas as novidades e o poder do Novo Carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

MANUEL SOLLA BARRAGÁNS de "Expresión producións" achéganos o seu espectáculo "O LIBRO VIVO" para animar á lectura

E seguindo co noso Programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega iniciamos as actividades do mes de Maio cun evento incluído no programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO, promovido pola Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia) en colaboración cos concellos galegos titulares dalgunha biblioteca ou axencia de lectura públicas integradas na rede de bibliotecas de Galicia.

Este programa ten como obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas, vinculadas aos intereses dos distintos colectivos, que faciliten o achegamento aos espazos bibliotecarios co que se pretende:

  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

Así o Venres 3 de Maio a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello recibiremos a visita de
MANUEL SOLLA BARRAGÁNS de Expresión producións que nos traerá o seu espectáculo de artes escénicas “O LIBRO VIVO”, co que conmemoraremos o DÍA MUNDIAL DA RISA que se celebra o 5 de Maio.

 

“O LIBRO VIVO” é un contacontos teatralizado no que o libro é o fío deste espectáculo cheo de ilusión e maxia.

Un libro xigante, vivo, del sairán moitísimas sorpresas: personaxes, contos...

Un espectáculo de animación á lectura con contacontos, monicreques, cancións e maxia.

Un espectáculo interactivo, dinámico e divertido.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de convidar tamén, e ata completar o aforo dispoñible, a todos aqueles veciños e veciñas que desexen asistir ao mesmo que, previamente, se inscriban chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.


Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén animamos a toda a veciñanza a conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e a participar en calquera das actividades que levamos e cabo e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca; animando aos mais novos a que lean polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger