NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

martes, 11 de xuño de 2024

"OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI" en Pazos de Borbén, unha actividade da XII Edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL "ATLÁNTICA" para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN

A primeira das actividades deste mes de xuño coa que o Concello de Pazos de Borbén participará por sexto ano no FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRARIÓN ORAL "ATLÁNTICA" que celebra neste ano 2024 a súa XII Edición; e coa que conmemoraremos a chegada das vacacións escolares e o DÍA INTERNACIONAL DO SOLSTICIO DE VERÁN, será “OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, que terá lugar o Venres 14 de Xuño, a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e será realizado por PABLO SÁNCHEZ “PABLÍSIMO” (Galicia), unha compañía especializada en narración oral, teatro de animación á lectura e teatro infantil creada polo actor, dramaturgo e contador de historias Pablo Sánchez. Os seus espectáculos de pequeno e mediano formato, toman sempre como base a literatura infantil a través de contos clásicos, contemporáneos, e contos de creación propia. Pablísimo leva producidos máis de vinte espectáculos misturando neles monicreques, música en vivo, teatro de sombras, video e narración oral. E ten participado en diferentes mostras e festivais.

“OS CONTOS DE PABLÍSIMO. CABICIVAI”, é un espectáculo sobre rodas, unha bicicleta, un kamishibai e tres caixóns dos que pode saír calquera cousa!!
Cabici vai subindo e baixando
Ca bici vai de acó para alá
Ca bici vai carretando as historias
Ca bici vai a golpe de pedal.

Convidamos a participar neste evento ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; ao alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira; aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao mesmo e que, por cuestións de aforo, inscríbanse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.

Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca chamando por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger