E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 7 de setembro de 2024

AVANCE DA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SETEMBRO-OUTUBRO DE 2024

Dirixímonos a todos os veciños e veciñas en xeral, e a todas as seguidoras/es, usuarias/os e socias/os da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" para contarvos un avance das novidades que temos para este mes de setembro.

Despois de gozar do verán e das vacacións volvemos coas enerxías bastante renovadas para ofrecervos varios eventos dirixidos a todo o público en xeral e aos colectivos de persoas en risco de exclusión social e con diversidade funcional para continuar coa consecución dos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura, e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

Para elo presentamos para as vindeiras semanas varias actividades incluídas no programa de dinamización da lectura nas Bibliotecas públicas "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración cos concellos.

A primeira delas será o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello e nesta ocasión teremos un espectáculo con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".

Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como noutras ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Continuaremos o Xoves 26 de setembro no Auditorio do Concello a partir das 13:00 horas co espectáculo de artes escénicas que nos traerá o artista Fran Campos "BANDULLO AZUL". Trátase dun contacontos teatralizado con monicreques e ventriloquía titulado "FAZULAS E O LADRÓN DE PARAUGAS" baseado no libro do autor Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel e publicado pola Editorial Galaxia.
Vive a viaxe iniciada por FAZULAS e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.
Con esta actividade conmemoraremos o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS que se celebra o 26 de setembro en toda a Unión Europea como homenaxe á diversidad elingüística do continente europeo; unha iniciativa que busca promover a aprendizaxe continuada de varios idiomas para os habitantes deste continente.

Unha das principais metas que desexa implantar en Europa a celebración do Día Europeo das Linguas, é a de concienciar aos habitantes sobre o enorme potencial que teñen os idiomas como ferramenta profesional e intercultural, que non só permitiríalles acceder a novas ofertas de emprego no mundo ou os convertería nun cidadán global, senón máis ben, como forma de preservar a cultura dos países e asegurar a súa pervivencia ao longo das xeracións futuras.

Convidamos a asistir a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; aos usuarios da Asociación ASPAVI e a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

PRÓXIMAMENTE seguiremos informando sobre novas actividades que estamos organizando do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal do Concello e que conta co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.

Entre estas últimas actividades están pendentes varios OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA e a convocatoria do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN".

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger