luns, 20 de xaneiro de 2020

"ELMOR O MUSO ENFADADO"- 1º Premio da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría C: 5º e 6º de Primaria

Relato gañador do 1º Premio da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"ELMOR O MUSO ENFADADO" de XIÁN RODRÍGUEZ UBEIRA - 10 anos - 5º de Primaria.
Había un planeta no máis profundo do universo que estaba habitado unicamente por pequenos seres chamados musos.
Este planeta nunca foi visto polos seres humanos e como entre todalas cualidades dos musos e musas non estaba falar, non sabemos como se chama.
Neste planeta de cor morada vivía Elmor xunto con millóns de musos e musas, formaban panales parecidos cos das abellas da terra, compostos por pequenas canicas onde descansaban mentras non lle era asignada unha nova misión.
Os musos e musas eran seres extraños, máis pequenos cun gran de arroz, casi transparentes e cunhas ás de infinitas cores, como diluidas en pompas de xabón. Ainda que viven en comunidades moi grandes son seres moi solitarios. Hai musos simpáticos, cariñosos, colaboradores, solidarios, e outros odiosos, irascibles, rencorosos, vengativos, e enfadados, como Elmor, a personalidade destes seres marcaba a inspiración que eles tiñan.
Elmor acabada de recibir unha nova misión pola que tiña que abandonar rapidamente a súa canica para trasladarse a un pequeno planeta azul chamado Terra, debía cruzar pola constelación de Capricornio e guiándose sempre por dúas estrelas de cor vermello que estaban no seu Oeste tardará mais ou menos dous días en facela viaxe.
Os musos son rapidísimos, viaxan cinco veces á velocidade da luz.
Elmor debía chegar á terra o 19 de marzo de 1.965, segun o calendario terrícola, xusto un día antes de comezar a primavera. Cando estaba a piques de atravesar a atmósfera terrestre parou en seco, unha espectacular visión fíxolle deter a súa veloz viaxe.
Despois de casi un millón de anos navegando polo espazo, atravesando buratos negros, observando supernovas e visitando os mais remotos planetas acababa de atoparse co primer ser vivo fora dunha superficie planetaria. Aí estaba Alexei, o primer cosmonauta en facer un paseo espacial.
Por primeira vez Elmor dudou á hora de cumplir a súa misión, a visión daquel ser vivo causaballe sentimentos descoñecidos, esperanza ou valentía, que conseguían anular o seu enfado.
A súa visión consistía en inspirar enfado e ira nos políticos da Terra, pero ver aquel humano solo no espazo resultáballe demasiado conmovedor.
De súpeto Elmor transformouse nunha esfera luminosa, os musos non podían dudar á hora de resolver unha misión e Elmor tiña dúbidas.
Nese mesmo momento Alexei, en contacto co seu centro de mando notificaba que como primer humano que estaba no ceo non se miraba rastro de ningun deus, pero que xusto frente a el se iluminara unha pequena esfera do tamaño dunha canica, emitindo unha enorme cantidade de cores.
Ainda que os humanos non o sepan o fracaso na misión de Elmor permitiulles seguir disfrutando dese fermoso planeta azul chamado Terra.
Pero parece que na actualidade novas misións de musos e musas si están acadando o seu obxectivo.

LA MUERTE DEL COMENDADOR - LIBRO 2


LA MUERTE DEL COMENDADOR - LIBRO 2
Autor: Haruki Murakami
Edita: TusQuets Editores, SA

Género: Literatura en castellano - Narrativa

En el primer volumen dejamos al protagonista deseoso de saber qué se oculta detrás del cuadro titulado La muerte del comendador. También ha aprendido a convivir con los extraños personajes y objetos que lo envuelven desde que se instaló en la casa en las montañas. Y, a petición de su vecino, a empezado a esbozar el retrato de una peculiar adolescente, Marie Akikawa. Pero cuando ésta, una tarde en que regresaba del colegio, desaparece misteriosamente, el protagonista se lanzará en su busca. Y para encontrarla no dudará en enfrentarse a lo desconocido, ni a los terribles dilemas a los que su aventura va a conducirle.

¿Qué le ocurrió en el pasado al autor del cuadro La muerte del comendador? ¿Quién es el hombre sin rostro?

En este segundo libro, de ritmo acelerado y lleno de suspense, las incógnitas sembradas en el anterior volumen van desvelándose y encajan en el lugar que deben ocupar para que el lienzo entero cobre pleno sentido.

ISBN: 978-84-9066-564-0
Nº de páginas: 491
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 15 x 22,5 cm


domingo, 19 de xaneiro de 2020

"O CAMPAMENTO LIÓN" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"O CAMPAMENTO LIÓN" de XUDIT ESCUDERO MÍGUEZ - 8 anos - 3º de Primaria.
Ola eu chámome Sara e teño 10 anos.
Vos non sabedes pero teño unha familia moiiiiiiii longa.
Miña nai chámase Raquel e é unha muller moi ocupada; meu pai chámase Miguel e tamén é un home moi ocupado; miña avóa materna chámase Lola e tamén está moi ocupada coas cebolas e as patacas.
E non vos vou meter nun roolo decíndovos os nomes de toda a miña familia, empecemos.
Eu todos os verás vou a algún campamento "ainda que non me gusta ir", pero naquel ano tan aburrido no verán solo faltaba a diversión.
Estaba ilusionadísima porque neste ano irei ao campamento de Lión no que aquel campamento había concursos, actividades, xogos e moitas cousas máis super divertidas.
Cando metín no coche para marchar e chegar rapidísimo ao campamento, notei que me faltaba algo moi importante para min, e era o meu teléfono. Nese teléfono teño moitísimas imaxes de compañeiras de outros colexios que boto moitísimo de menos.
Pois bueno sigamos, todo o viaxe fora tan aburrido eu sabía que no final da carretera xa estaba o campamento e que o pasaría xenial. Baixei do coche e nun cartel moi grande puña: "O CAMPAMENTO LIÓN".
A presentación era moi boa e moi divertida, pero no momento que meus pais marcharon porque como xa vos dixen son dúas persoas moi ocupadas. Ao entrar sentín que era a única que mandaba alí, non había ninguyén solo había un corredor moi largo cheo de árbores e arbustos.
Fun camiñando polo corredor e a medida que avanzaba escoitaba máis barullo, por fin cheguei alí e no medio dos rapaces todos había un que estaba chorando, e fun alí a preguntarlle que lle pasaba, e él díxome:
-Ola non me pasa nada solo que meus pais deixaronme aquí e ninguén quere estar conmigo-.
E eu contestei:
-Pero se queres euu podo estar contigo-.
O rapaz foise encariñando e encariñando conmigo, ata que chegou o momento e que tuben que marchar do campamento e eu sabía que saía de ahí con un gran amigo.
En resumen, que foron as miñas mellores vacacións da miña vida.

LA MUERTE DEL COMENDADOR - LIBRO 1


LA MUERTE DEL COMENDADOR - LIBRO 1
Autor: Haruki Murakami
Edita: TusQuets Editores, SA

Género: Literatura en castellano - Narrativa

En plena crisis de pareja, un retratista de cierto prestigio abandona Tokio en dirección al norte de Japón. Confuso, sumido en sus recuerdos, deambula por el país hasta que, finalmente, un amigo le ofrece instalarse en una pequeña casa aislada, rodeada de bosques, que pertenece a su padre, un pintor famoso. En suma, un lugar donde retirarse durante un tiempo.

En esa casa de paredes vacías, tras oír extraños ruidos, el protagonista descubre en un desván lo que parece un cuadro, envuelto y con una etiqueta que reza: "La muerte del comendador". Cuando se decida a desenvolverlo se abrirá ante él un extraño mundo donde la ópera Don Giovanni de Mozart, el encargo de un retrato, una tímida adolescente y, por supuesto, un comendador, sembrarán de incógnitas su vida, hasta hace poco anodina y rutinaria.

Este primer volumen de la novela La muerte del comendador es un fascinante laberinto donde lo cotidiano se ve invadido por señales indescifrables, por preguntas cuya resolución parece no vislumbrarse. El lector, al igual que el protagonista, deberá permanecer muy atento.

ISBN: 978-84-9066-564-0
Nº de páginas: 476
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 15 x 22,5 cm



sábado, 18 de xaneiro de 2020

"O DINOSAURIO CANTANTE" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria

Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"O DINOSAURIO CANTANTE" de MARTÍN DOMÍNGUEZ COSTAS - 8 anos - 3º de Primaria.
Había unha vez un dinosaurio que quería ser cantante.
Desde que estaba no ovo escoitaba os paxaros cantar. Pasou o tempo e abriuse o cascarón. Cantaba a todas horas, día e noite.
Cando comenzou a ir o colexio os seus compañeiros ríanse del porque nunca se vira un dinosaurio cantar ata que un día chegou unha nova compañeira que lle preguntou se sabía cantar. El díxolle que sí, e cantoulle.
A súa compañeira estusiasmada animoulle a participar nun concurso.
O dinosaruio gañou o concurso e desde entón nunca máis se riron del.
Fin.

Á ESPREITA NA PENUMBRA


Á ESPREITA NA PENUMBRA
Autor: María Canosa Blanco
Ilustrador: Andrés Meixide
Edita: Sotelo Blanco Edicións, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Marc e a súa familia viven felices nunha bonita urbanización, pero un día un estraño suceso acaba facendo abalar toda esa harmonía: no armario do cuarto dos seus pais unha arrepiante voz, procedente do pasado, fai a súa aparición. Para fuxir dos malos agoiros que ese estraño fenómeno anuncia para todos, deciden fuxir a París nunha viaxe de lecer. Así se desencadea a traxedia máis estarrecedora que poida afectar a un ser humano.

ISBN: 84-7824-341-0
Nº de páxinas: 90
Encadernación: Tapa blanda
Fomato:13 x 20 cm



venres, 17 de xaneiro de 2020

"O MUNDO FANTASÍA" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"O MUNDO FANTASÍA" de ALBA ANDRÉS MÍGUEZ - 9 anos - 4º de Primaria.
Había unha vez un mundo chamado Unicorvilla que era amoroso, bonito e feliz. Nel vivían uns bonitos e brillantes unicornios que sempre estaban rindo e divirtíndose. O mais bromista era Mailiti.
Mailiti ademas de ser bromista tamén era agradecida, cariñosa, boa persoa, divertida e amante da natureza.
Un día Mailiti perdeu todas esas cousas.
Os seus mellores amigos eran Rainbow, Lili, Moi e Franki.
Raimbow era rosa e a súa melena era de cores, Lili era de cor moradiño e a súa melena era azul ceo; Moi era azul e de melena branca, Franki era amarelo claro e con melena verde e Mailiti era de unha cor branco brillante con unha melena púrpúra e todos era amigos inseparables.
Os demais unicornios notaban a Mailiti moi rara, pero era que Unicorvilla non era nada sen as risas e bromas de Mailiti.
Os seus amigos preguntáronlle que era o que lle quitara a súa alegría, pero ela non tiña ganas de falar diso. Eles coñecíana moi ben e decataronse de que non tiña o collar máxico que lle regalara sua nai. Plantearonse buscalo para atopar así todaslas cousas boas que perdera.
Empezaron a buscar polos arbustos, detrás das árbores e incluso dentro das cunas dos bebés unicornio pero non o atoparon. Entón intentaron facela rir eles mismos pero era imposible.
Mailiti cada día estaba máis triste. Pero un día en Unicorvilla pasou algo maravillosamente fascinante, Mailiti volvía a rir, fora dar un paseo polo arcoiris e collendo flores atopou o seu colgante máxico.
Todos estaban moi contentos de vela feliz de novo, e ela agradecida por canto se había preocupado usou o seu colgante máxico e fixo unha gran festa para todo Unicorvilla.

RUBICUNDO


RUBICUNDO
Autor: María Canosa
Ilustradora: Nuria Díaz
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: +9 anos

Cada noite Erea espertaba cun Chii-Chi-Chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír.

A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo.

Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comenzase a viaxe enriba da árbor do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era súa indumentaria, un gabán e un sobreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos.

ISBN: 978-84-9914-821-2
Nº de páxinas: 85
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13,5 x 19 cm


xoves, 16 de xaneiro de 2020

"NON HAI PLANETA B" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria

Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"NON HAI PLANETA B" de NORAH LYNN CAMESELLE HARRIS - 9 anos - 4º de Primaria.
Habíase unha vez unha familia que lle daba todo igual, se tiñan un pañal sucio o tiraban ao xardín ou se tiñan unha bolsa de lixo chea, como non querían ir o contenedor a tirar a bolsa, pois ían ao bosque que estaba ao lado da súa casa e a deixaban alí.
Eran como unha llama escupindo todo o rato cando querían.
A familia era unha familia de catro, estaba o pai Jose, a nai Felicia, o neno de oito anos chamado Oliver e o bebé chamada Castaña.
Bueno, como dixen antes eran como unha llama.
Un día soleado, Oliver foi o colexio, a primeira hora fixeron mates e despois se foron o recreo. Máis tarde, uns abusóns que sempre se metían con él viñeron e lle tiraron unhas mondas de plátano a cara e Oliver enfadado e triste se foi a casa. Na casa quedouse na súa habitación pensando "se eu me sinto mal cando me tiran mondas de plátano na cara, ¿Cómo se sentirán as árbores e as plantas se lles tiran lixo? Bueno se sentirán peor ca min, seguramente".
Oliver planificou un discurso para explicarlle ao seu pai e a súa nai que era malo contaminar e que non había un planeta B e que tiñamos que coidar o noso planeta.
Ao día seguinte explicoulles aos seus pais que iso non podía ser, que contamináramos así.
E dende ese día nunca volveron a contaminar.

A CANCIÓN DO SOL


A CANCIÓN DO SOL
Autor: Estefanía Padullés
Edita: Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Perico é un galo que vive nunha granxa nas montañas. 

Sempre é o primeiro en espertar porque o seu traballo consiste en cantar unha canción para chamar polo Sol. 

Pero un día, Perico queda durmido e o Sol non sae.

Disposto a arranxar este problema, Perico emprende unha viaxe en barco de papel para buscar o Sol e cantarlle a súa canción.

Logrará atopalo? Conseguirá a canción de Perico que o Sol volva a saír?

ISBN: 978-84-944396-4-3
Nº de páxinas: 16
Encadernación: Tapa dura
Formato: 33 x 23,5 cm



mércores, 15 de xaneiro de 2020

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" - Accésit categoría B: 3º e 4º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría A: 3º e 4º de Primaria
Relato galardoado cun Accésit da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"UNHA AVENTURA ESPACIAL" de ÁNXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ - 9 anos - 4º de Primaria.
Érase unha vez unha alieníxena chamada Xela. O seu fogar era a lúa.
Como agasallo de cumpre de 8 anos os seus pais regaláronlle un viaxe ao planeta Terra. Tiveron que disfrazarse de humanos.
O motivo da viaxe era que Xela quería un can como mascota, e sabe que só os hai no planeta Terra.
Buscaron un refuxio de animais, alí había moitos cans e gatos que necesitaban un fogar e moito cariño. Xela quedou asombrada con todos os animais que había no refuxio.
Enamorouse de todos e non sabía cal escoller, pasaba o tempo e non se decidía. Hasta que un canciño arrimouse a ela, era de cor canela con unha doce vista que convenceu a Xela.
Ela gritou e dixo "Ese, quero ese". Colleuno no colo e non se separou máis de el.
Esta foi unha gran aventura para Xela que volveu feliz para o seu fogar.

EL RATONCITO PÉREZ


EL RATONCITO PÉREZ
Autora: Montserrat Balada Herrera
Ilustraciones: Julilustrador (José María Juli García)
Colección: Carambuco cuentos LSE

Género: Literatura infantil en castellano - Cuentos

Edad recomendada: +5 años

El ratoncito Pérez era muy feliz cuando hacía su trabajo. Noche tras noche salía de casa para ir a recoger los dientes de los niños y las niñas. ¡Hasta que un día apareció el ratoncito Giménez proclamándose el nuevo ratoncito de los dientes!

¡Qué lío!

¿Quién será el nuevo ratoncito de los dientes: Pérez o Giménez?

Cuento adaptado a la Lectura Fácil. Incluye los signos del texto en lengua de signos española y un enlace para descargar el cuento narrado en castellano oral y en lengua de signos (con la colaboración de la Fundación CNSE) y el vocabulario en signos.



CARAMBUCO CUENTOS es una colección de cuentos infantiles especial:

– El texto original va acompañado de una adaptación al sistema bimodal. Este sistema de comunicación utiliza conjuntamente los signos de la Lengua de Signos Española (LSE) y la estructura de la lengua oral. Consiste en utilizar un signo por cada palabra, haciendo el aprendizaje de la lengua oral más fácil.

– Incluye enlace de descarga del cuento (https://vimeo.com/185839966), elaborados y signados por lingüistas y especialista sordos de la Fundación CNSE para la Supresión de las Barreras de la Comunicación.

– Los cuentos Carambuco desde la publicación de su título número 17: El ratoncito Pérez, siguen las directrices de la Lectura Fácil.

Esta colección está dedicada a todos aquellos niños y niñas que encuentran en los cuentos una ilusión, un sueño o una aventura.


ISBN: 978-84-941225-8-3
Nº de páginas: [26]
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 29 cm


martes, 14 de xaneiro de 2020

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO

Información facilitada pola

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG)

CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO


No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia promoveu unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, a plataforma ven de lanzar catro publicacións da CDN:

Nesta ligazón pódese atopar os protocolos facultativos asinados despois de 1989 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

Máis información na web: https://infanciagalicia.org/

"UN CORAZÓN CON DOBRE VIDA" - 2º Premio Categoría B: 3º e 4º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados Categoría B: 3º e 4º de Primaria

Relato gañador do 2º Premio da Categoría B: 3º e 4º de Primaria.

"UN CORAZÓN CON DOBRE VIDA" de MELISA BOUZA MÍGUEZ - 8 anos - 3º de Primaria.
Foron corenta e oito horas esperando a que reaccionase. Pasado ese tempo meu avó despertou dentro dunha incubadora xigante, onde só se podía ver detrás dun cristal.
Miña avoa a miña nai foron as primeiras en miralo, estaban moi felices.
Pasados trinta e catro días non podían creer que xa lle deran a alta.
Meu avó pensaba que a súa vida remataría con tan só cincuenta e catro anos e que se perdería moitos momentos importantes como conocer aos netos que somos o seu maior orgullo.
Foi tanta a nosa e a súa sorte que vinte e un anos despois ese corazón por segunda vez deixase de later.
Iso sí esta vez para sempre.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger