luns, 20 de xaneiro de 2020

"ELMOR O MUSO ENFADADO"- 1º Premio da Categoría C: 5º e 6º de Primaria - "II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN"

Participantes e premiados Categoría C: 5º e 6º de Primaria

Relato gañador do 1º Premio da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"ELMOR O MUSO ENFADADO" de XIÁN RODRÍGUEZ UBEIRA - 10 anos - 5º de Primaria.
Había un planeta no máis profundo do universo que estaba habitado unicamente por pequenos seres chamados musos.
Este planeta nunca foi visto polos seres humanos e como entre todalas cualidades dos musos e musas non estaba falar, non sabemos como se chama.
Neste planeta de cor morada vivía Elmor xunto con millóns de musos e musas, formaban panales parecidos cos das abellas da terra, compostos por pequenas canicas onde descansaban mentras non lle era asignada unha nova misión.
Os musos e musas eran seres extraños, máis pequenos cun gran de arroz, casi transparentes e cunhas ás de infinitas cores, como diluidas en pompas de xabón. Ainda que viven en comunidades moi grandes son seres moi solitarios. Hai musos simpáticos, cariñosos, colaboradores, solidarios, e outros odiosos, irascibles, rencorosos, vengativos, e enfadados, como Elmor, a personalidade destes seres marcaba a inspiración que eles tiñan.
Elmor acabada de recibir unha nova misión pola que tiña que abandonar rapidamente a súa canica para trasladarse a un pequeno planeta azul chamado Terra, debía cruzar pola constelación de Capricornio e guiándose sempre por dúas estrelas de cor vermello que estaban no seu Oeste tardará mais ou menos dous días en facela viaxe.
Os musos son rapidísimos, viaxan cinco veces á velocidade da luz.
Elmor debía chegar á terra o 19 de marzo de 1.965, segun o calendario terrícola, xusto un día antes de comezar a primavera. Cando estaba a piques de atravesar a atmósfera terrestre parou en seco, unha espectacular visión fíxolle deter a súa veloz viaxe.
Despois de casi un millón de anos navegando polo espazo, atravesando buratos negros, observando supernovas e visitando os mais remotos planetas acababa de atoparse co primer ser vivo fora dunha superficie planetaria. Aí estaba Alexei, o primer cosmonauta en facer un paseo espacial.
Por primeira vez Elmor dudou á hora de cumplir a súa misión, a visión daquel ser vivo causaballe sentimentos descoñecidos, esperanza ou valentía, que conseguían anular o seu enfado.
A súa visión consistía en inspirar enfado e ira nos políticos da Terra, pero ver aquel humano solo no espazo resultáballe demasiado conmovedor.
De súpeto Elmor transformouse nunha esfera luminosa, os musos non podían dudar á hora de resolver unha misión e Elmor tiña dúbidas.
Nese mesmo momento Alexei, en contacto co seu centro de mando notificaba que como primer humano que estaba no ceo non se miraba rastro de ningun deus, pero que xusto frente a el se iluminara unha pequena esfera do tamaño dunha canica, emitindo unha enorme cantidade de cores.
Ainda que os humanos non o sepan o fracaso na misión de Elmor permitiulles seguir disfrutando dese fermoso planeta azul chamado Terra.
Pero parece que na actualidade novas misións de musos e musas si están acadando o seu obxectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger