Participantes e premiados Categoría C: 5º e 6º de Primaria |
Relato gañador do 2º Premio da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.
"AS HISTORIAS DE XULIA" de SARA GARCÍA COMESAÑA - 11 anos - 6º de Primaria.
Xulia estaba comendo o seu xantar, coma todas as tardes. Estaba pensando a seguinte historia que ía escribir. A anterior, fora todo un "Best Seller".
A señora Osa e o mouco Zacarías, mercaron as dúas únicas unidades que Xulia fixera. A historia, era todo un éxito na súa habitación, todos os bonecos, falaban dela.
Sí, Xulia, tiña moitísima imaxinación.
Encantáballe ler, e penso que iso é o "culpable" das súas inxeniosas historietas.
XULIA: Rematei! Mamá, voume a biblioteca, volvo nunha hora!
NAI: Vale cariño, pásao moi ben! E recorda; non imites todo o que les, sabes o que pasou a última vez...
XULIA: Adeus nai!
Preguntarédesvos que pasou a "última vez".
Resulta que Xulia leu unha historia sobre uns xinetes de dragóns e, claro, imitounos...
A súa nai a atopou enriba do can, e gritando.
-Vamos, lagarto, móvete!
Claro a nai de Xulia, asustouse. Non toso os días atopas ese panorama no garaxe...
Nisto, Xulia, Chegou a biblioteca. Entrou e saudou ao bibliotecario. Eran bos amigos. Xulia, colleu un libro e sentouse a ler, e meteuse no personaxe.
Apareceu no medio da selva, e estaba leda, respirábase aire puro, e non había nada de axetreo, o contrario da cidade onde vivía Xulia.
Comezou a camiñar e camiñar, ata que chegou a un pobo. Parecían persoas, nada de dragóns nin de marciáns. Xulia, achegouse a eles con coidado, e saudou. Foi correspondida cun saúdo de parte do xefe da tribu. Suspirou aliviada, polo momento, non a comeran!!
De súpeto, un neno, máis ou menos da súa idade, achegouse a ela e saudouna:
NENO: Ola! Eu chámome barú, e tí?
XULIA: Encantada Barú! Eu son Xulia.
BARÚ: Ven, ensinareiche o poboado.
XULIA: Sígoche.
Barú, levouna a súa casa, e presentoulle a súa familia. Servíronlle un té e fixéronlle unha masaxe.
XULIA: Non fai faia, de verdade.
BARÚ: Que sí, que sí!
XULIA: Pois vale, se insistes...
Xulia, acostouse, xa era tarde e estaba cansa, pero Barú chamouna as dúas da mañá para que fora a festa da benvida.
Os dous achegáronse á festa. Era fermoso, fixeran o seu nome, con fogueiras e ademais a música non deixaba nada que desexar. Barú mais Xulia baileron pero...
De súpeto, escoitáronse disparos. Todos correron coma tolos.
Xulia, preguntoulle a Barú que era o que estaba a acontecer. Díxolle que eran os do exército, que os raptaban para facer experimentos con eles.
Esperaron a que os do exército marcharan e saíron a inspeccionar o lugar.
Por sorte, non se levaron a ninguén, pero Xulia atopou unha foto dun home. Levaba posta unha bata branca, e tiña moi mala cara. Por detrás da imaxe, había unhas estadísticas e poñía non sei que do paciente.
Unha cousa era clara, non estaban a facer nada bo alí!!!
Xulia, empeñouse en arranxar ese misterio, e salvar a xente que tiñan reclutada.
Barú, atopou o rastro que os militares deixaran, e chegaba ata unha pedra. Tiña coma unhas letras que Xulia non coñecía, un código, xeguramente...
Xulia, apretou as letras ao tuntún, e nada...
Entón mirou o papel, e descubriu que a empresa dos experimentos, chamábase E.M.A.S. Claro! seguro que ese era o código!
Preguntoulle a Barú se sabía ese dialecto, e contestoulle que non, pero que o xefe seguramente si. Así que comentáronllo e aceptou.
Levámolo ao lugar e abriuse a porta. Detrás dela había un laboratorio súper futurista. Adentráronse na sala. Non había ningún guarda, así que cruzaron un corredor. A cada lado del, había unhas celdas, cuns bichos. Parecían experimentos xenéticos, eran medio humanos, medio lagartos.
Ao final do corredor, estaban os secuestrados do poboado. Xulia e Barú soltaron a todos e ensináronlles a saída. Iso ía volar polos aires!!
Xulia mandou a Barú ir ao laboratorio a buscar varios químicos, Xunt´ronos e... Puuum! Todo polo aire, acabáronse os raptos e os experimentos. O laboratorio, quedou no olvido.
Xulia e Barú volveron ao poboado e fixéronlles unha festa. Agradecéronllo moito, e decidiron construírlles unha estatua pola súa obra.
FIN DO LIBRO
XULIA: Cooomo? e así remata? Que historia máis bonita.
Xulia deulle un bico ao libro e gardouno no seu estante.
Tiña moitisimas ganas de escribir un libro, e nun intre, plantouse na súa casa, colleu un folio, e comezou a escribir.
Vinte anos despois...
TELEVISIÓN: E así é o libro de Xulia convertido xa nun "Best Seller" e nominado a uns premios mundiais de escritura.
Aquí os deixamos a súa entrevista:
REPORTERO: Estás leda co resultado do teu libro?
XULIA: Claro! Estou encantada, sigo sen cremo, e teño que darlle as grazas a aquela historia que lin fai xa vinte anos, que inspiroume para escribir esta historia.
TELEVISIÓN: E aquí rematan as noticias, e con elas, esta historia.
FIN
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.