mércores, 22 de xaneiro de 2020

"A MIÑA PRIMEIRA AVENTURA" - Accésit Categoría C: 5º e 6º de Primaria - II CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN

Participantes e premiados da Categoría C: 5º e 6º de Primaria

Relato galardoado cun Accésit da Categoría C: 5º e 6º de Primaria.

"A MIÑA PRIMEIRA AVENTURA" de HUGO GONÇALVES OTERO - 11 anos - 6º de Primaria.
Ola a todos!! Chámome Alex e vouvos contar a miña historia.
Tal día coma hoxe, erguinme para ir ao colexio, pero non sabía que unha gran aventura esperábame.
Saíra da casa para coller o autobús. Ía un pouco apurado porque chegaba tarde. Entón collín un pequeno atallo e sen darme conta, crucei un pequeno camiño e vin unha sombra. Non lle din importancia. Parecía a sombra dunha árbore. Seguín andando apurado, pensando nas miñas cousas cando notei que algo me agarraba dunha perna. 
Era un ser pequeniño cunha roupa un tanto estraña e cunha ferida na cara. Pedíame axuda. Perdérase dos seus pais e fixérase dano cunha pedra. Sangraba bastante.
Collino nas miñas mans e metino na mochila do cole. Collín o autobús moi nervioso, e cando cheguei ao cole, pedinlle unha tirita a profesora.
Fun para o baño e cureino. Fíxenlle un par de preguntas e el contestoume a todas. Só me pediu que non lle contara a ninguén da súa existencia.
Asistin coa cabeza.
Cando o cole terminou voltei ao sitio onde o atopara. El levoume ata un burato pequeno no que el entrou e deume a man e sen saber como, eu tamén entrei. Alí estaba outro ser coma el. Falou comigo e non me quería deixar voltar a miña casa. Sabía demasiado!!
Nese momento sentín medo, moito medo. Eu quería voltar a miña casa cos meus pais e o meu irmán. Tíñanme secuestrado!!
Estiven como nunha cárcere durante máis de dúas horas. Eu só facía chorar. Como un ser tan pequeniño podía facer tanto dano?
Mentras me limpaba as bágoas, o ser pequeniño que axudada, abriume as portas daquela cárcere. Collino da man e escapamos os dous xuntos polo burato. Corremos ata a miña casa e metémonos na miña habitación.
Pola tarde escoitei un ruído na cociña. Collín o ser pequeniño polas mans e baixamos a ver que pasaba. Era o meu irmán. Tiña algo nas mans. Gritaba:
- Collín un rato, collín un rato!!
Era o pai do ser pequeniño que o estaba buscando. O outro ser malvado contáranlle o que pasara e que eu o volver a levar. Eu non tiña culpa, só quería axudado e el axudarme a min.
O pai do ser pequeniño, quitou do peto un pano, que los puxo no nariz ao meu irmán. Quedou durmido no momento.
Pregunteille se era algo para olvidalos e díxome que sí. Eu pedinlle por favor que no quería olvidar ao seu fillo. O ser pequeniño e eu, fixemos un xuramento. Eles voltaron a súa casa e así medio remata a miña aventura.
Xa vos contarei que me pasou un ano despois.
Fin

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger