martes, 11 de maio de 2021

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?

NATURIZO. ONDE ESTÁ LUSCO?
Autores e ilustradores: Alba de Evan e Javier Domínguez
Ediciones Linteo
Colección: Naturizo

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Na primavera nova vida nace na serra. Os lobetos de Lúa chea énchena de ledicia, ata que unha misteriosa desaparición require a axuda de Amelia.

Conseguirán resolvela?

ISBN: 978-84-120058-2-0
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17,5 x 24,5 cm

luns, 10 de maio de 2021

PERIPLO ATLÁNTICO

PERIPLO ATLÁNTICO
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Rañolas

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Panchito é un pingüín que vive na ría de Pontevedra, onde non hai ningún coma el. Un día sente, coma os mozos da súa vila, anceios de ver mundo, e embarca de polisón nun barco descoñecido que o levará a vivir un periplo atlántico cheo de aventuras.

Contén actividades relacionadas co polifacético autor de Rianxo.

Podes descargar de balde o seu póster aquí.

ISBN: 978-84-946043-1-7
Nº de páxinas: 21
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 23 cm

domingo, 9 de maio de 2021

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Autor: APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral)
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.

A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

ISBN: 978-84-9151-036-9
Nº de páxinas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm

sábado, 8 de maio de 2021

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO

NA PROCURA DA ILLA DO TESOURO
Texto e ilustracións: Lizzy Stewart
Tradución: Xabier M. Blanco
Editorial Triqueta Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Matilda e o seu pai son MOI diferentes.

Ela é rápida, el é lento. Matilda é metódica e el un pouquiño trapalleiro. Ela gosta do silencio e el é un tanto rebuldeiro.

Aínda así, deciden ir na procura dun tesouro agochado nunha illa perdida. Para iso seguen un mapa que Matilda ten, mais o seu pai, que é moi distraído, frustra continuamente os plans de Matilda.

Serán capaces entre os dous de atopar o tesouro?

ISBN: 978-84-949231-7-3
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 23 x 31 cm

venres, 7 de maio de 2021

O ACUARIO

O ACUARIO
Autor: Joao Pedro Mésseder
Ilustracións: Célia Fernandes
Tradución: Anxo Tarrío
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Era unha vez un acuario e os seus habitantes, todos iguais, todos distintos.

Un mundo pequeno, mais con problemas, onde transcorre esta historia sinxela e ben escrita sobre diferenzas, prexuízos, axuda...

Un conto ilustrado e de éxito ben coñecido entre os máis novos.

ISBN: 978-84-949843-6-5
Nº de páxinas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26,5 cm

xoves, 6 de maio de 2021

PREFIRO AS DE CHOCOLATE

PREFIRO AS DE CHOCOLATE
Autora: Cristina Justo
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: A igualdade conta

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Icía e Xiao son xemelgos. Os seus primeiros agasallos eran de cor rosa para ela, e azul para el... menos mal que papá e mamá sabían que non hai cores de nenos nin cores de nenas.

Cando foron medrando, eles mesmos omprenderon que tampouco hai xogos de nenos ou xogos de nenas, nin cousas de nenos e cousas de nenas...

ISBN: 978-84-17824-23-5
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

mércores, 5 de maio de 2021

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON

OFICIOS E PROFESIÓNS POEMAS SON
Autor: Concha Blanco
Ilustracións: María Brenn
Edicións Embora
Colección: Fardel dos Soños

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Canteiros, oleiros, afiadores, menciñeiros,... enchen as páxinas deste libro co que Concha Blanco trata de achegar aos lectores máis pequenos o mundo dos oficios a través da poesía.

ISBN: 978-84-17824-21-1
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 21 cm

martes, 4 de maio de 2021

TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS

TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS
Autor: Andy Lee
Ilustraciones: Heath McKenzie
Traducción: Pilar Roda Díez
Grupo Editorial Bruño
Colección: Cubilete

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +6 años

Después de NO ABRAS ESTE LIBRO, el monstruito más original y divertido vuelve con TAMPOCO ABRAS ESTE LIBRO JAMÁS:

«¡¡SUELTA EL LIBRO YA MISMO!!

¿No oyes ladrar a un cachorrito? ¡Ve a ver, corre!
¿No hueles esa PESTE? ¡Pues sale de AQUÍ!
¡Eh! ¿No tienes deberes, o qué?
¡Uyyy, qué cara de hambre tienes! ¡Ve a comer algo ENSEGUIDA!
¡Se te pueden CAER los ojos de tanto leer! (que lo sepas).
¡Anda, mira, una TELE! ¿No te apetece verla un ratito?».

ISBN: 978-84-696-2626-9
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 28 cm

luns, 3 de maio de 2021

"CARTEIRO EN BICICLETA" con Felipe Díaz "Caxoto" - Conmemoración do Día das Letras Galegas


Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, este ano adicado á poeta XELA ARIAS, teremos un espectáculo de contacontos coa presenza outra vez de FELIPE DÍAZ (CAXOTO Contacontos) de A Trastenda dos contos que nesta ocasión nos traerá a súa proposta arredor das Letras Galegas "CARTEIRO EN BICICLETA".

Ao son da cantiga "Carteiro en Bicicleta" de João Afonso iniciamos unha viaxe de vagar pola historia das nosas letras. Faremos unha achega a algunhas das personalidades máis importantes e interesantes da literatura galega nunha viaxe a través das persoas homenaxeadas co Día das Letras Galegas.

Un percorrido xeográfico polo nome das Rúas que vertebran as nosas cidades e pobos. Desta maneira saberemos dos nomes que poboa o noso rueiro: Castelao, Rosalía, Cunqueiro, Manuel María, Carlos Casares, María Victoria Moreno... e como non, a propia Xela Arias.

Unha proposta que recolle recital, música en directo, teatro, conto fantástico, relato de misterio, poesía, discurso etnográfico... todo tecido co fío da narración oral e da palabra dialogada.

Esta actividade terá lugar o Mércores día 19 de Maio ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e está prevista a asistencia á mesma dos mestres e alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.


PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!


ESPERÁMOSTE!!!

NINGUÉN COMA MIN

NINGUÉN COMA MIN
(Autobiografía dun tirano)
Autor: Ignacio Chao
Ilustracións: Eva Sánchez
Kalandraka Editora
Colección: Maremar

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

MENCIÓN DO XI PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO

Os delirios de grandeza dun ditador, a egolatría e o afán de perpetuación nunha metáfora -máis real do que parece- sobre os abusos do poder.

ISBN: 978-84-8464-834-5
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 28,5 cm

domingo, 2 de maio de 2021

OLIVER BUTTON É UNHA NENA

OLIVER BUTTON É UNHA NENA
Autor: Tomie dePaola
Tradución: Sandra e Óscar Senra Gómez
Kalandraka
Colección: Tras os Montes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

PREMIO LAURA INGALLS 2011 e IRA-CBC CHILDREN´S CHOICE

É diferente; non practica os deportes nin os xogos habituais para outros nenos.

Un clásico que, dende a emoción e a sensibilidade, anima á autoafirmación e á empatía fronte aos estereotipos e á incomprensión.

ISBN: 978-84-8464-172-8
Nº de páxinas: 48
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 28 cm

sábado, 1 de maio de 2021

TEÑO DEREITOS

TEÑO DEREITOS
Ilustracións: Miguel Robledo
Textos: César Lorenzo Gil
Aira Editorial

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

FINALISTA DO PREMIO DA GALA DO LIBRO GALEGO AO MELLOR LIBRO ILUSTRADO DO 2019

Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.

No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido.

Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.


ISBN: 978-84-94
7807-8-3
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 20 cm

venres, 30 de abril de 2021

BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS

 
BUSCA DINOSAURIOS, PIRATAS Y MONSTRUOS
Ilustraciones: Carrie Hennon y Dan Crisp
Editorial Susaeta

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

En cada página de este libro hay dinosaurios escondidos...

Pero estas páginas están cortadas, y combinándolas se pueden encontrar además piratas, alienígenas, zombis y monstruos.

¿Puedes verlos?

ISBN: 978-84-677-6923-4
Nº de páginas: 10
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20,5 x 26 cm

xoves, 29 de abril de 2021

ONDE ESTARÁ A MIÑA GARAVATA?

ONDE ESTARÁ A MIÑA GARAVATA?
Autor: José Carlos Román
Ilustracións: Canizales
Tradución: Maruxa Zaera Landeira
Editorial Bookolia 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Unha divertida historia de extravíos inesperados e achados inesperados, de traballo en equipo e amizade.

Unha divertida historia cargada de ritmo. O saltón inicia a búsqueda da súa garavata que se perdeu nun dos seus saltos. No seu camiño vai atopándose otros amigos que perderon tamén outros obxetos. O saltón perdeu a súa garavata, o cempés o seu zapato, o caracol a súa bufanda...

De estructura acumulativa, un a un vanse sumando á búsqueda do que extraviaron sen ser conscientes do que o que un perdeu otro o atopou. Vaia enleada que se armou!

Finalmente percátanse do erro, pero… Onde estará a garavata? Unha historia de enredo trepidante.

Un libro que anima á colaboración e o traballo en equipo.

ISBN: 978-84-18284-06-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 22 cm

mércores, 28 de abril de 2021

XELA ARIAS - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2021 a autora homenaxeada é XELA ARIAS


XELA ARIAS (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, nace en Ortoá, en Sarria o 4 de marzo de 1962, é a maior de cinco irmáns. Os tres primeiros anos de vida decorren na contorna da Granxa de Barreiros. A actividade laboral do pai está vinculada ao proxecto pedagóxico creado por Antonio Fernández López do que xermolaría tamén o Colexio Fingoi de Lugo, no que inicia Xela Arias estudos de primaria. En 1969 a familia trasládase a Vigo, cidade decisiva na biografía e na obra dunha “nena de barrio e vida proletaria”, nas súas palabras. Completa ensino primario na Escola Nacional Graduada de Sárdoma en Moledo (logo Colexio Público de Sárdoma- Moledo) onde o seu pai exerce como mestre.

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada este ano 2021 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 


-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.


-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra da protagonista das Letras Galegas de 2021.



DANIELA Y LAS CHICAS PIRATA

 
DANIELA Y LAS CHICAS PIRATA
Autora: Susanna Isern
Ilustraciones: Ana Gómez
Nubeocho
Colección: Egalité

Género: Literatura Infantiles en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +4 años

Hay un nuevo barco pirata surcando los mares: ¡el barco de las Pirañas Intrépidas!

Se están haciendo famosas, han salvado a gente en peligro y han conseguido tesoros fabulosos…

ISBN: 978-84-17123-26-0
Nº de páginas: 44
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 28 x 24 cm

martes, 27 de abril de 2021

¡MENUDO PÁJARO!

 
¡MENUDO PÁJARO!
Autor: Roció Bonilla Raya
Editorial Algar

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos

Edad recomendada: +3 años

Carrasco es un niño curioso y espabilado al que le asaltan las dudas el día que su vecina se le queda mirando fijamente y le dice: «¡Menuda cara de pájaro tienes!».

¿Qué ha querido decir la señora Manolita? ¿Qué se parece a un pájaro? Entonces, ¿podrá volar? Resolver este misterio requerirá de todo su ingenio...

No te pierdas el booktrailer de ¡Menudo pájaro!:

ISBN: 978-84-9142-383-6
Nº de páginas: 32
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 21,5 x 29 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger