mércores, 28 de abril de 2021

XELA ARIAS - DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

O vindeiro día 17 de Maio celebramos un novo DÍA DAS LETRAS GALEGAS dende que o 20 de marzo de 1963 os tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- presentaran nesta institución unha proposta histórica: que se declarase ese día de cada ano "DIA DAS LETRAS GALEGAS" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega". Por iso cada ano, nesta data, Galicia honra as súas Letras e a súa Lingua.

No ano 1963 celebrábase o centenario da publicación do libro "CANTARES GALLEGOS" de Rosalía de Castro, pero ignorábase a data da súa publicación por iso propúxose o día 17 de maio, por ser nese día cando Rosalía de Castro lle dedicou o seu libro ao tamén poeta Fernán Caballero; e así foi como se instituíu como festa anual do Día das Letras Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque "CANTARES GALLEGOS" foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.

Neste ano 2021 a autora homenaxeada é XELA ARIAS


XELA ARIAS (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) Filla de Amparo Castaño López e Valentín Arias López, nace en Ortoá, en Sarria o 4 de marzo de 1962, é a maior de cinco irmáns. Os tres primeiros anos de vida decorren na contorna da Granxa de Barreiros. A actividade laboral do pai está vinculada ao proxecto pedagóxico creado por Antonio Fernández López do que xermolaría tamén o Colexio Fingoi de Lugo, no que inicia Xela Arias estudos de primaria. En 1969 a familia trasládase a Vigo, cidade decisiva na biografía e na obra dunha “nena de barrio e vida proletaria”, nas súas palabras. Completa ensino primario na Escola Nacional Graduada de Sárdoma en Moledo (logo Colexio Público de Sárdoma- Moledo) onde o seu pai exerce como mestre.

Para saber máis da biografía da autora, fai clic AQUÍ.

Para coñecer mellor a vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada este ano 2021 no Día das Letras Galegas, tendes nas seguintes páxinas webs un montón de documentos e actividades  para imprimir e para facer en liña: 


-Web do Seminario Galán para os rapaces e rapazas desde Infantil a 6º de Primaria.


-Web da Real Academia Galega con propostas lúdicas e didácticas para todas as idades.


-Web O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística no que atoparedes moitísimos recursos e información sobre o autor: exposicións, actividades dinamizadoras, videos, etc.

-Web Primaveira das Letras da Real Academia Galega que podedes visitar e que dispón dun montón de actividades para coñecer mellor á vida e obra da protagonista das Letras Galegas de 2021.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger