venres, 2 de xuño de 2017

CONVIVIR CON EL TRASTORNO BIPOLAR


CONVIVIR CON EL TRASTORNO BIPOLAR
Autor: Eduard Vieta Pascual
Ilustraciones: Javier Bejega

Editorial Médica Panemericana, S.A. 2003
Colección: Convivir con...


Género: Ensayo - Ciencias Aplicadas - Medicina

Este libro constesta a algunas de las preguntas más habituales sobre una enfermedad muy frecuente pero poco conocida por el gran público: los trastornos bipolares, que antiguamente se denominaba psicosis maníaco-depresiva.

En sus páginas, el lector podrá encontrar respuestas concisas sobre cómo se presentan los trastornos bipolares, cómo identificarlos y cuál es el tratamiento, además de sobre otros muchos temas.

"Convivir con el trastorno bipolar", se ha escrito por Eduard Vieta -psiquiatra- y Francesc Colom -psicólogo-, destacadas figuras internacionales, tanto en el tratamiento como en la investigación científica de los trastornos bipolares.

ISBN: 84-7903-840-3
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Tapa blanda


xoves, 1 de xuño de 2017

LEDICIA COSTAS VISITA BIBLIOPAZOS


O próximo Luns, 5 de xuño visitará a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén - BiblioPazos a escritora viguesa LEDICIA COSTAS, unha das nosas grandes escritoras que foi galardoada, entre outros moitos, co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”. 

Sobre as 12:45 horas recibirémola coas brazos abertos acompañados dos usuarios da Asociación ASPAVI que asisten habitualmente ás clases de informática na biblioteca e dos alumnos de 6º de primaria do CPI de Pazos para falar e comentar sobre a súa obra literaria “Escarlatina, a cociñeira defunta” e algunha outra máis se nos da tempo, xa que non imos deixar de probar algunhas as receitas do inframundo que Escarlatina e Román nos invitan a facer durante a lectura do libro e que foron elaboradas polos asistentes a este encontro.

Desde a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén e a Biblioteca queremos agradecer a Edicións Xerais de Galicia as facilidades para que esta visita de LEDICIA COSTAS a Pazos de Borbén se fixera realidade.

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS
E LEVA OS LIBROS DE
 
LEDICIA COSTAS
 
PARA LER NA TÚA CASA.

LOS HUNDIDOS Y LOS SALVADOS

LOS HUNDIDOS Y LOS SALVADOS
Autor: Primo Levi 
Traductor: Pilar Gómez Bedate
Grup Editorial 62, S.L.U. 
Colección: IMPRESCINDIBLES 

Género: Literatura en Castellano - Narrativa

Temática: Actualidad - Biografias y memorias 

«Su lectura, hoy que tan pocos libros son dignos de perdón, es inexcusable.» El País 

Este libro, que cierra la trilogía de Primo Levi sobre los campos de exterminio, es una prueba viva de que sólo con la palabra, sólo si el horror se vertebra, se está en condiciones de crear y fortalecer la conciencia crítica que exigen los tiempos.

Los hundidos y los salvados supone la última reflexión del autor sobre su experiencia, una summa moral en la que indaga en las cuestiones más esenciales: la libertad, la vergüenza, la responsabilidad, la complicidad, el compromiso, el olvido... Y también un alegato a favor de la piedad como categoría básica de la ética humana. 

Hay libros que, como éste, se escriben para poder seguir viviendo. Primo Levi, que procuró en sus textos analizar la experiencia del horror como un momento ejemplar que permita la comprensión del hombre y sus límites, no lo consiguió, y se suicidó en 1987, poco después de acabarlo. 

ISBN: 978-84-9942-294-7 
Nº de páginas: 192 
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Rústica con solapas

OS MORNIAS


OS MORNIAS
Autor: Lola González
Ilustracións: Magdalena Padial

Edicións Xerais de Galicia, 1993
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Os Mornias son un grupo de rapaces e rapazas que viven en Fiúncho de Quinín, unha vila coma tantas outras.

 Un día apareceu diante deles un adolescente loiro vestido con roupas que semellaban sacadas dunha película de época ou un libro de estampas. El mesmo presentouse coma un aprendiz de bruxo e, ante o abraio dos rapaces, fixo unha demostración dos seus saberes cun esconxuro máxico. 

O resultado do esconxuro resultará se-la causa da aventura máis sorprendente, divertida, e por veces mesmo perigosa, que nunca viviran os Momias.

ISBN: 84-7507-728-5
Nº de páxinas: 100
Encadernación: Tapa blanda




mércores, 31 de maio de 2017

LA TREGUA

LA TREGUA
Autor: Primo Levi 
Traducción: Pilar Gómez Bedate
Grup Editorial 62 S.L.U., 2015
Colección: IMPRESCINDIBLES 

Género: Literatura en Castellano - Narrativa 

Temática: Actualidad - Biografias y memorias

Un relato picaresco cuya característica esencial es, paradoja sin sorpresa, el estar teñido de angustia.

La tregua, continuación de Si esto es un hombre, es el libro del retorno, una odisea de la Europa entre la guerra y la paz escrita por Primo Levi en 1963, con la perspectiva de los años.

Y es que, por razones que nunca se aclararon, la repatriación del puñado de supervivientes italianos de Auschwitz llevó mucho tiempo, y fue la culminación de un viaje tortuoso y absurdo por Polonia, Rusia, Ucrania, Rumanía y Hungría.

La tregua despliega ante el atónito lector la infinita riqueza de la humanidad, ahora sí empeñada en sobrevivir, con sus pícaros y sus payasos, sus bandidos y sus nostálgicos del recién sucumbido régimen, sus devotos, sus exaltados, sus aspirantes, sus nuevas víctimas.

Todo ello a través de los mercados clandestinos de Cracovia, los cuarteles del Ejército Rojo, la vasta tierra rusa permeada de gloria y de miseria, los bosques vírgenes, las borracheras de la soldadesca y las añoranzas de los italianos camino de casa.

ISBN: 978-84-9942-326-5
Nº de páginas: 240
Formato: 15 x 23 cm
Encuadernación: Rústica con solapas

REFRANEIRO GALEGO MÁIS FRECUENTE

REFRANEIRO GALEGO MÁIS FRECUENTE
Autor: Xesús Ferro Ruibal
La Voz de Galicia, 2002
Editorial Galaxia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura Galega - Refráns

Recopilatorio de refráns galegos.

¿Qué é un refraneiro frecuente e que significan os números de cada refrán?

Cando os editores da Biblioteca Galega 120 tiveron a amabilidade, que agradezo, de me encomendaren un Refraneiro galego, eu non podía reproduci-lo Refraneiro galego básico de 1987, xa hai tempo esgotado, porque cumpría reduci-lo volume de 11.360 refráns a 3.500...
(Extracto do limiar do autor)

ISBN: 978-84-9757-085-5 (La Voz de Galicia)
ISBN: 978-84-8288-567-7 (Editorial Galaxia)
Nº de páxinas: 222
Formato: 13 x 22 cm
Encadernación: Tapa dura


martes, 30 de maio de 2017

PRÓXIMAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Pazos de Borbén a través de BIBLIOPAZOS, a Biblioteca Pública Municipal do concello, queremos informarvos das actividades culturais e educativas de animación á lectura que temos preparadas para os próximos días e coas que queremos rematar este 1º semestre do ano.

Ata hoxe xa levamos feitas 8 actividades patrocinadas pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia a través dos seus programas PONTEGAL e LER CONTA MOITO, respectivamente, ademáis da exposición bibliográfica realizada coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso cunha afluencia de público de máis de 300 persoas, na súa maioría alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira e da Asociación ASPAVI.

https://www.dropbox.com/s/l4tuvfyb3dcee8r/2017%20ACTIVIDADES%20REALIZADAS%201%C2%BA%20SEMESTRE.jpg?dl=0

Mañá Mércores, 31 de mayo, na Sala de Lectura ás 13:00 horas tócalle o turno á contacontos asturiana OLGA CUERVO co seu espectáculo "¿QUIERES QUE TE LO CUENTE OTRA VEZ?".



E para rematar o semestre temos un montón de actividades moi interesantes coas que imos recibir ao verán e finalizar o curso coa axuda da lectura, a natureza, a música e os contos.

Luns, 5 de xuño


https://www.dropbox.com/s/naipawc6q5ogxpi/2017-06-05%20LEDICIA%20COSTAS%20EN%20BIBLIOPAZOS11.jpg?dl=0
Visitará a Biblioteca sobre as 12:45 horas a autora viguesa LEDICIA COSTAS, unha das nosas grandes escritoras que foi galardoada, entre outros moitos, co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015 pola súa obra “Escarlatina, a cociñeira defunta”. Recibirémola coas brazos abertos acompañados dos usuarios da Asociación ASPAVI que asisten habitualmente ás clases de informática na biblioteca e dos alumnos de 6º de primaria do CPI de Pazos para falar e comentar a súa obra literaria “Escarlatina, a cociñeira defunta” e algunha outra máis se nos da tempo, xa que non imos deixar de probar algunhas as receitas do inframundo que Escarlatina e Román nos invitan a facer durante a lectura do libro e que foron elaboradas polos asistentes.

Queremos agradecer a Edicións Xerais de Galicia as facilidades para que esta visita de LEDICIA COSTAS a Pazos de Borbén se fixera realidade. 

Martes, 6 de xuño

https://www.dropbox.com/s/nuj7ek8n0kk4ax3/2017-06-06%20RAQUEL%20QUEIZAS%20-%20ROMARIA%20-%20CONTOS%20NA%20NATUREZA%20-%20MONTE%20GALLEIRO.jpg?dl=0Pola mañá cedo iniciamos o programa “CONTOS NA NATUREZA” cunha andaina polo Monte Galleiro na parroquia de Nespereira cos alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Percorreremos unha pequena zona deste paraíso natural do noso concello cunha guía que nos irá explicando as curiosidades sobre a flora e a fauna da zona. Durante o percorrido haberá tempo de facer unha pausa para o bocata e para atender á contadora de contos RAQUEL QUEIZÁS que nos contará historias e lendas tradicionais do seu espectáculo “ROMARÍA” que nos achegarán ao mundo rural e antigo, para descubrirnos un modo de vida descoñecido. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Mércores, 7 de xuño


https://www.dropbox.com/s/47yevm7b1lmts38/2017-06-07%20RUTH%20GALINDO%20-%20LOS%20CUENTOS%20DE%20IT%C3%AD2.jpg?dl=0
Na Sala de Lectura ás 13:00 horas, e desde Híjar-Las Gabias (Granada) virá a acompañarnos ese día a contacontos andaluza RUTH GALINDO co seu espectáculo “LOS CUENTOS DE ITí”. ITí é unha fermosa criatura que veu desde un universo afastado. Todos os seres fantásticos da terra chamárona para que nos ensinase aos humanos as marabillas do noso máxico planeta. ITí descubrirache nos seus contos o seu mundo de ilusión e os fascinantes personaxes que nel habitan. Esperamos que nos acompañen os alumnos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira. Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.

Venres, 9 de xuño

https://www.dropbox.com/s/dylekz2au3l4hi6/2017-06-09%20RUTH%20GALINDO%20-%20CANTACUENTOS11.jpg?dl=0
Novamente contaremos coa presenza, este vez no Auditorio do Concello ás 13:00 horas, da contacontos andaluza RUTH GALINDO que desde Híjar-Las Gabias (Granada) traerános o seu espectáculo “CANTACUENTOS”. Contos divertidos para cantar e bailar nos que algunhas marionetas sairán ao escenario e se divertiran contigo. Están convidados a acompañarnos ese día os alumnos de Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os da EEI “A Galeriña” de Nespereira. Esta actividade está patrocinada integramente polo Concello de Pazos de Borbén a través da Concellería de Cultura.

Martes, 13 de xuño

https://www.dropbox.com/s/6p9zgnqmkaylcup/2017-06-13%20CRISTINA%20COLLAZO8%20-%20BOTAMOS%20UN%20CONTO...%20-%20CONTOS%20NA%20NATUREZA%20-%20SENDA%20LEVADA%20CASQUEIROS.jpg?dl=0
Cediño pola mañá continuamos co programa “CONTOS NA NATUREZA” e desta vez imos camiñar pola Senda da Levada de Casqueiros na parroquia de Borbén cos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Percorreremos esta senda acompañados do noso veciño e presidente da Comunidade de Montes de Borbén Antonio Fernández Costas xunto cou algunhas persoas máis da directiva que nos irán comentando como foi recuperada esta senda para uso e disfrute da veciñanza e as características da mesma. Nesta ocasión Carmiña, meiga e menciñeira, alén de poetisa que vive entre fentos e carballos, cada vez que aparece alguén na senda, fai un alto para preguntarlle “BOTAMOS UN CONTO NO CAMIÑO?”. Un espectáculo de narración oral da contadora de contos CRISTINA COLLAZO. Esta actividade está patrocinada pola Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia.

Mércores, 14 de xuño


https://www.dropbox.com/s/vz5bszr80fo5jig/2017-06-14%20AS%20PARABOLAS%20DE%20PAKOLAS%20-%20Fecha%20rectificada.jpg?dl=0
E para finalizar o semestre celebraremos ás 13:00 horas a chegada do solsticio de verán e o fin do curso escolar no Auditorio do Concello con FRANCISCO CERDEIRA "PAKOLAS" coa actividade de dinamización con música, teatro e danza "AS PARÁBOLAS DE PAKOLAS". Un espectáculo no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil, con música xirando en torno ao rock e mais estilos que entusiasman aos nenos e nenas. Combínanse as cancións coas historias que nelas se recollen, cunha mensaxe final, formando así unha fermosa parábola da que aprender e na que pensar. Para este día invitaremos aos alumnos de Primaria e Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e tamén aos da EEI "A Galeriña" de Nespereira. Esta actividade forma parte do programa LER CONTA MOITO que patrocina a Xunta de Galicia.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS

O MONTE GALEGO. Caos ou aproveitamento multifuncional?

O MONTE GALEGO
Caos ou aproveitamento multifuncional?
Autores: Alberte Blanco Casal (Coord.); Xosé Carballido Presas; Ana I. García Arias; Tereixa Paz Franco; Bernardo Valdês Paços
Sermos Galiza S.A., 2017 

Xénero: Literatura galega - Ensaio 

Os indicadores sociais, económicos e demo­gráficos que hoxe temos na Galiza rural non son consecuencia dunha fatalidade histórica.

A orixe da situación actual de desarticulación do tecido agrario galego tería a súa orixe en políticas e decisións tomadas, varias décadas atrás, para propiciar man de obra ba­rata con que industrializar outros territorios de estado e de Eu­ropa, ou para explotar as nosas materias primas, enerxía e recursos naturais.

O deseño forestal que está producindo unha presenza esmagadora do eucalipto nos nosos montes, mesmo co impulso da súa presenza en terras agrarias, os aproveitamentos hidroeléctricos dos vales máis relevantes, a industrialización de enclave sen pechar os ciclos produtivos, son algúns exemplos que teñen moito que ver coa realida­de actual do noso país.

Neste libro falamos desta situación, das políticas e estratexias que fixeron do monte galego ese lugar, en gran medida caótico e subdesenvolvido, espello do abandono e atraso do medio rural galego.

Ademais, facemos repaso das políticas executadas durante o goberno galego bipartito (2005-2009) e atrevémonos a enunciar algunhas medidas cara o futuro.

ISBN: 978-84-617-9938-1
Nº de páxinas: 172
Encadernación: Rústica
Formato: 15,5 x 23 cm

CAMIÑO PERIGOSO

CAMIÑO PERIGOSO
Autora: Ánxela Loureiro
Ilustrador: Juan Carlos Abraldes
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Merlín - De 11 anos en diante

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Finalista do premio Merlín, 2002

Os tempos eran difíciles e máis para unha rapaza de trece anos que ten que coidar dos seus irmáns pequenos, xa que os seus pais desapareceron.

A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos.

A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.

Camiño perigoso é unha novela de aventuras onde a acción, o drama, o amor e os toques humorísticos se mesturan nun relato que achega á vez claves de carácter histórico.

ISBN: 978-84-8302-894-8
Formato: 13,5 x 19 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío 
Nº de páxinas: 160


luns, 29 de maio de 2017

¿QUIERES QUE TE LO CUENTE OTRA VEZ? - Animación a la lectura con OLGA CUERVO

Continuamos coas actividades de animación á lectura na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos  con novas propostas. 

Desta vez  o próximo Mércores, 31 de maio, na Sala de Lectura ás 13:00 horas, tócalle o turno á contacontos asturiana OLGA CUERVO co seu espectáculo “¿QUIERES QUE TE LO CUENTE OTRA VEZ?”.

"Cuentos grandes, cuentos pequeños.
Cuentos de princesas, cuentos de sueños.
Cuentos amarillos, cuentos violetas,
Cuentos de bañeras, y de avionetas.
Sólo tienes que escuchar,
Y que prestar atención.
Sólo tienes que soñar,
Y disfrutar un montón.
¿Lo has entendido bien? O...
¿Quieres que te lo cuente otra vez?" 

Esperamos que nos acompañen os alumnos de 4º e 5º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Esta actividade pode realizarse grazas á colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!
ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!!

BEIXOS DE LINGUA

BEIXOS DE LINGUA
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2017
Edición Literaria - Poesía

Xéneero: Poesía galega

Os fonemas bulen, choutan de palabra en palabra. A palabra préndeos e a propia acción da apropiación ten consecuencias, crea o ser, o significado. E nace o xogo, neste caso o palíndromo «o ser para preso».

Este libro é a consecuencia de xogar co xugo dos fonemas, o son da lingua. «Cando apreso fonemas non só teño unha presa, a palabra; tamén aprendo, conformo ideas e recibo o beixo da fala.»

ISBN: 978-84-9121-220-1
Formato: 14,5 x 22 cm
Encadernación: Rústica Fresado
Nº de páxinas: 96

TERRA BRAVA

TERRA BRAVA
Autor: Ánxel Fole
La Voz de Galicia, 2002
Editorial Galaxia, 2002
Colección: Biblioteca Galega 120

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Colección de relatos de misterio e de medo nos que Fole amosa a súa mestría.

Este é un conxunto de relatos contados, como se o autor estivese sentado a carón do lume, por un dos mestres da narrativa galega contemporánea.

É un libro de pantasmas, de celos, de premonicións, de crimes e de defuntos. Pero é tamén un libro que deixa no lector un vago sentimento apracible, levemente irónico.

ISBN: 978-84-9757-044-8 (La Voz de Galicia)
ISBN: 978-84-8288-543-X( Editorial Galaxia)
Páxinas: 330
Deseño: Tapa dura


domingo, 28 de maio de 2017

EL PODER DEL AHORA

EL PODER DEL AHORA
Una guía para la iluminación espiritual
Autor: Eckhart Tolle
Traducción: Miguel Iribarren
GAIA ediciones
Colección: Espiritualidad-Crecimiento personal-Meditación

Género: Autoayuda - Psicología

Para adentrarse en El Poder del Ahora tendremos que dejar atrás nuestra mente analítica y su falso yo, el ego.

Desde la primera página de este extraordinario libro nos elevamos a una mayor altura y respiramos un aire más ligero. Conectamos con la esencia indestructible de nuestro Ser: "la Vida Una omnipresente, eterna, que está más allá de la mirada de formas de vida sujetas al nacimiento y a la muerte". Aunque el viaje es todo un reto, Eckhart Tolle nos guía usando un lenguaje simple y un sencillo formato de pregunta-respuesta.

El Poder del Ahora, un fenómeno que se ha ido extendiendo de boca a boca desde que se publicó por primera vez, es uno de esos libros extraordinarios capaces de crear una experiencia tal en los lectores que puede cambiar radicalmente sus vidas para mejor.

ISBN: 978-84-8445-206-5
Nº de páginas: 224 
Encuadernación: Cartoné
Formato: 14 x 21 cm

LAIA, A NENA DA ILLA

LAIA, A NENA DA ILLA
Autora: Anxela Loureiro
Ilustracións: Kiko Da Silva
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Merlín
 
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendadda: +11 anos

Laia abriu os ollos e non dubidou en face-lo que lle pedía o seu pai. Pinchou as negras augas do océano e buceou ata esgota-lo aire. Xa na superficie oíu un rebumbio de voces. Distinguía a voz do seu pai ordenándolle que fose cara ás illas.

Laia, tras comprender que ninguén a podía axudar, lembrou todas cantas aprendizaxes recibira na súa vida e púxoas ó seu servicio.

Viñéronlle ó seu maxín algúns consellos que oíra centos de veces dos seus maiores: "Non te enfrontes ó mar", "déixate levar".

ISBN: 978-84-97823-272-2
Nº de páginas: 168
Encadernación: Tapa branda


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger