Amosando publicacións coa etiqueta Plantas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plantas. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de maio de 2020

INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS


INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Puras - Botánica

Idade recomendada: +6 anos

Un rico inventario para alentar a curiosidade e o abraio de grandes e cativos, con explicacións e descricións.

Un cento de plantas comestibles reunidas nun fermoso catálogo vexetal para pór en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.

Entre os froitos, descubriremos as drupas (que teñen carabuña), as bagas (sen carabuña, pero con unha ou máis pebidas), os froitos con casca (como as noces), os cítricos...

Entre as hortalizas, veremos os legumes, as herbáceas e os tubérculos.

Presentaremos algúns alimentos de orixe vexetal máis elaborados...

ISBN: 978-84-16721-41-2
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm

venres, 6 de marzo de 2020

SEMENTES VIAXEIRAS


SEMENTES VIAXEIRAS
Autor: Yolanda Castaño
Ilustrador: Xosé Tomás
Edita: Edicións Embora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

Idade recomendada: +6 anos

Yolanda Castaño explica a través da poesía as distintas formas que teñen as plantas para xerminar a terra. Este precioso libro contarache como das súas sementes nacen os piñeiros, os chopos, a cebada, as aciñeiras, as abeleiras, a balsamina e un largo etcétera.

¿Queres acompañar a estas "sementes viaxeiras" na súa aventura vital?

ISBN: 978-84-17824-05-1
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger