INVENTARIO ILUSTRADO DE FROITAS E VERDURAS
Autor: Virginie Aladjidi
Ilustradora: Emmanuelle Tchoukriel
Edita: Kalandraka Editora, SL
Xénero: Literatura Infantil en Galego - Ciencias Puras - Botánica
Idade recomendada: +6 anos
Un rico inventario para alentar a curiosidade e o abraio de grandes e cativos, con explicacións e descricións.
Un cento de plantas comestibles reunidas nun fermoso catálogo vexetal para pór en valor a biodiversidade, a sostibilidade e a alimentación saudable.
Entre os froitos, descubriremos as drupas (que teñen carabuña), as bagas (sen carabuña, pero con unha ou máis pebidas), os froitos con casca (como as noces), os cítricos...
Entre as hortalizas, veremos os legumes, as herbáceas e os tubérculos.
Presentaremos algúns alimentos de orixe vexetal máis elaborados...
ISBN: 978-84-16721-41-2
Nº de páxinas: 64
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 30,5 cm
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.