Amosando publicacións coa etiqueta Pintar. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pintar. Amosar todas as publicacións

mércores, 10 de xaneiro de 2018

OS LAPIS PRIMOS

 
OS LAPIS PRIMOS
Autor: José A. Ramírez Lozano
Ilustraccións: Natalie Pudalov
Tradución: Marisa Nuñez
OQO Editora
Colección: Colección O 

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos 

Idade Recomendada: A partir de 6 anos 

"Os lapis nin o imaxinan. 
Non saben que teñen primos 
nin parentes de raíz. 
Descubrimos que eles son 
algúns sobriños do xiz 
e outros netos do tizón". 

Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos lapis? Quen veñen sendo? 

ISBN: 978-84-9871-534-7 
Nº de páxinas: 33 
Encadernación: Cartoné 
Formato: 22,5 x 27,5 cm

sábado, 6 de xaneiro de 2018

DE QUE COR É UN BICO?

 
DE QUE COR E UN BICO 
Autora e Ilustradora: Rocio Bonilla
Tradución: María Solar Nuñez 
Algar Editorial S.L. 

Xénero:  Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: A partir de 5 anos 

A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico.

De que cor será? Vermello coma unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor de cando estás enfadado... 

Será verde coma os crocodilos, que sempre lle pareceron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras, e non lle gusta comelas!

Como podería pescudar de que cor é un bico?

ISBN: 978-84-9142-059-0
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Cartoné
Formato: 29,5 x 21,5 cm

sábado, 19 de agosto de 2017

MONCHO E A MANCHA


MONCHO E A MANCHA
Autor: Kiko Dasilva
Ilustracións: Kiko Dasilva
Kalandraka Editora S.L
Colección: Demademora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -Contos

Idade  Recomendada: +6 anos

Moncho o pintaba todo: a cama, o mantel, a neveira, o avó...

Despois dunha intensa xornada de traballo, insiste, (con entusiasmo de pintor), en descubrir o significado dunha mancha de pintura escura que encontra nun papel en branco.

A mancha parece  metamorfosearse ós ollos de quen deixa voar a súa imaginación pero, na súa obstinada procura, Moncho tamén atopa persoas incapaces de darlle unha resposta.

ISBN: 84-8464-115-5 
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger