luns, 13 de xaneiro de 2025

"VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" - ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍA B: ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL (2)

Volvemos de novo para informar da entrega de premios do VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN que tivo lugar o pasado Xoves 19 de Decembro de 2024 a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello, actividade na que participaron 164 persoas entre escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e usuarios da Asociación ASPAVI.

O acto estivo presidido polo Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros D. Iván Martínez Ventín e Dª Mª Victoria Couñago Corujeira, ademáis de polos membros do Xurado desta 6ª Edición do certame.

Una vez feita a noticia da entrega de premios aos presentados na Categoría A: Persoas con Diversidade Funcional (publicada o día 13/01/2025), de seguido damos conta dos premiados na seguinte categoría.

CATEGORÍA B: ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Participantes da Categoría B.- Alumnado de Educación Infantil
do CPI "Curros Enríquez" de Pazos

Participantes da Categoría B.- Alumnado de Educación Infantil
da EEI "A Galeriña" de Nespereira

O PRIMEIRO premio foi outorgado ao traballo titulado "CARBALLO DE MARTIZ OUTONAL" e o seudónimo "PEPE O PINTOR", presentado por GAEL COUÑAGO SOMOZA, de 4 anos, estudante de 5º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

Gael Couñago Somoza recolle o seu 1º Premio que lle entrega
a concelleira Dª Mª Victoria Couñago Corujeira

O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado "O PARQUE DE PAZOS" e o seudónimo "FLOR", presentado por LAURA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de 5 anos, estudante de 6º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

Laura Rodríguez Martínez recolle o seu premio que
lle entrega Dª Andrea Barreira Freije

Nesta categoría o xurado considerou premiar con Accésits aos seguintes traballos:

Traballo titulado "XOGAMOS AO FÚTBOL" e o seudónimo de "CAPITAN G", presentado por ENZO GÓMEZ BOUZÓN, de 4 anos, estudante de 5º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

O Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña entrega
o seu premio a Enzo Gómez Bouzón

Traballo titulado "IGUALDADE PARA TODOS" e o peudónimo de "SFR", presentado por SOFÍA FONTENLA REGUERA, de 3 anos, estudante de 4º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

D. Manuel González Pastoriza entrégalle o
premio a Sofía Fontenla Reguera

Traballo titulado "O CAN DAS ORELLAS AZUIS" e o pseudónimo "DON ROGELIO", presentado por SAMUEL HERRERO MÍGUEZ, de 3 anos, estudante de 4º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

Samuel Herrero Míguez recibe o premio que lle entrega o
Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña


Traballo titulado "UNIDOS NOS VOLVEMOS INVENCIBLES" e o pseudónimo "CCR", presentado por CARMEN CRUZ RODRÍGUEZ, de 3 anos, estudante de 4º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

Carmen Cruz Rodríguez recibe o premio que lle entrega
o escritor Miguel Anxo Alonso Diz

Traballo titulado "SEN NOME 09" e o pseudónimo "CONEJITA", presentado por CANDELA CASTRO RODRÍGUEZ, de 4 anos, estudante de 5º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.

Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro entrega o seu
premio a Candela Castro Garrido

Traballo titulado "O FOXO DO LOBO" e o pseudónimo de "HARRY", presentado por RAÚL AMOEDO MARTÍNEZ, de 4 anos, estudante de 5º de Educación Infantil.

Para ver o debuxo facer CLIC no título.


O Concelleiro D. Iván Martínez Ventín entrega o
premio a Raúl Amoedo Martínez

Ao finalizar a entrega de premios aos galardoados deste categoría chamouse un por un ao resto dos participantes para entregarlles a cada un deles un Diploma acreditativo da súa participació no Certame e un libro de agasallo. E entregouse tamén aos mestres uns lotes de libros para as aulas participantes.

A mestra da EEI "A Galeriña" de Nespereira recolle o lote de libros para a aula
que lle entrega o Sr. Alcalde D. Xosé Luciano Otero Camiña


Os mestres de Educación Infantil do CPI "Curros Enríquez"
de Pazos cos seus lotes de libros para as aulas

Nos próximos días seguiremos publicando as novas coa información da entrega de premios das seguintes categorías que se presentaron ao certame.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" organizado pola Biblioteca Pública Municipal e que conta coa axuda e patrocinio do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger