Xa estamos de volta outra vez para seguir informando da gala de entrega de premios do VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBEN que tivo lugar o pasado Xoves 19 de Decembro de 2024 no Auditorio do Concello.
Nesta 6ª Edición do Certame presentáronse 164 traballos pertencentes ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, ao alumnado de Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e aos usuarios da Asociación ASPAVI.
O acto estivo presidido polo Alcalde de Pazos de Borbén Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros Iván Martínez Vedntín e Mª Victoria Couñago Corujeira, así como dos membros do xurado do certame e discurriu de forma moi amena e animada.
Agora pasamos a informar da entrega de premios aos participantes da seguinte categoría:
CATEGORÍA C: ALUMNADO DE 1º E 2º DE PRIMARIA
Participantes e gañadores da Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria cos membros do xurado, mestras e autoridades |
O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo titulado "O CRUCEIRO DA LEDICIA" e o pseudónimo "MURIQUI", presentado por LUCA DA SILVA JUAN, de 7 anos, estudante de 21 de Educación Primaria.
Entregou o 1º Premio a Luca Da Silva Juan o escritor Miguel Anxo Alonso Diz |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado "A NENA QUE QUERÍA ADOPTAR UN CARACOL" e o pseudónimo "MICKEY", presentado por MARA DOMÍNGUEZ ADEGA, de 6 anos, estudante de 1º de Educación Primaria.
O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña entrega o seu premio a Mara Domínguez Adega |
E nesta categoría o xurado considerou premiar con Accésits os seguintes traballos:
Traballo titulado "A HISTORIA DE 3 AMIGOS DIFERENTES" e o pseudónimo de "LUCÍA", presentado por LEYRE GONZÁLEZ SIMÓN, de 6 anos, estudante de 1º de Educación Primaria.
Leyre González Simón recibe o seu premio de mans da escritora Andrea Barreira Freije |
O Concelleiro Iván Martínez Pérez entrega o premio a Ainara Ramírez Pérez |
Traballo titulado "CANASTROS" e o pseudónimo de "FPF", presentado por FABIO PAZOS FERNÁNDEZ, de 7 anos, estudante de 2º de Educación Primaria.
Fabio Pazos Fernández recibindo o seu premio que lle entrega o mestre do CPI "Curros Enríquez" Manuel González Pastoriza |
Unha vez finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados desta categoría aos que se lles entregou un diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo. Entregouse tamén ás mestras destes cursos uns lotes de libros para as aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.