Continuamos informando da gala de entrega de premios do "VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" que tivo lugar o pasado Xoves 19 de decembro de 2024 ás 13.00 horas no Auditorio do Concello e que estivo presidida polo Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña acompañado dos concelleiros Mª Victoria Couñago Corujeira e Iván Martínez Ventín, ademáis dos membros do xurado do certame.
Como xa comentamos en anteriores noticias participaron 164 persoas, todas elas alumnos e alumnas do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira, así como varios usuarios da Asociación ASPAVI.
Agora imos a informar da entrega dos premiados da categoría seguinte:
CATEGORÍA D: ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA
|
Premiados e participantes da Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria cos membros do xurado, mestras e autoridades |
O PRIMEIRO premio otorgouse ao traballo titulado "A FADA MÁXICA" e o pseudónimo "A RAÍÑA DO SILENCIO", presentado por DANIELA AMOEDO CENDÓN, de 9 anos, estudante de 4º de Educación Primaria.
Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
O escritor Miguel Anxo Alonso Diz entrega o 1º Premio a Daniela Amoedo Cendón |
O SEGUNDO premio foi para o traballo titulado "O PANTASMA DE BORBÉN" e o pseudónimo "OLI", presentado por OLIVER RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria. Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
Oliver Rodríguez Martínez recollendo o premio que lle entrega o membro do xurado Manuel González Pastoriza |
O Xurado premiou con Accésits nesta categoría aos seguintes traballos:
Traballo titulado "A TREBOADA DA BRUXA" e o pseudónimo "O PATIÑO JUAN", presentado por JOEL GIL RODRÍGUEZ, de 9 anos, estudante de 4º de Educación Primaria.
Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
Joel Gil Rodríguez recibe o seu premio de mans da escritora e membro do xurado Andrea Barreira Freije |
Traballo titulado "O VIAXEIRO" e o pseudónimo "LAKITÚ", presentado por MATEO BARCIELA LAGO, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.
Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
Mateo Barciela Lago recibe o seu premio que lle entrega a membro do xurado Mª Isabel Lorenzo Castro |
Traballo titulado "O CAN QUE QUERÍA VOAR" e o pseudónimo "SRA. STITCH", presentado por CAROLINA LAGO CAMIÑA, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.
Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
O Concelleiro Iván Martínez Ventín entrega o premio a Carolina Lago Camiña |
Traballo titulado "O CAMPO MÁXICO" e o pseudónimo "SR. POTATO", presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, de 8 anos, estudante de 3º de Educación Primaria.
Para ler o relato premiado fai CLIC no título.
|
Anxo Fragueiro Otero recibe o premio que lle entrega a Concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira |
Finalizada a lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados nesta categoría pra entregarlles un Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo. Entregouse tamén un lote de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria.
|
Entrega dos lotes de libros para as aulas de 3º e 4º de Primaria |
Nos próximos días continuaremos informando dos premiados do resto de categorías que participaron no certame.
Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" que organiza a Biblioteca Pública Municipal baixo o patrocinio e axuda do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.