luns, 13 de xaneiro de 2025

"VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" - ENTREGA DE PREMIOS CATEGORÍA A: PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL (1)

O pasado Xoves día 19 de decembro de 2024 a partir das 13:00 horas tivo lugar no Auditorio do Concello a entrega de premios do VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN no que participaron 164 persoas, todas elas escolares do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e usuarios da Asociación ASPAVI.

O acto estivo presidido polo Alcalde-Presidente do Concello D. Xosé Luciano Otero Camiña e nel contouse coa presenza dos concelleiros D. Iván Martínez Ventín e Dª Mª Victoria Couñago Corujeira; ademáis dos membros do xurado Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro, D. Manuel González Pastoriza, Dª Andrea Barreira Freije, Dª Mª Isabel Lorenzo Castro, D. Miguel Anxo Alonso Diz e D. José Manuel Soto Virulegio.

A mestra do CPI "Curros Enríquez" e membro do Xurado
Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro durante a súa intervención

Iniciouse a gala coa intervención da membro do xurado e mestra do CPI "Curros Enríquez" de Pazos Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro que agradeceu aos asistentes a súa presenza no acto e a súa participación no certame, ademáis de felicitalos pola calidade dos debuxos e escritos.

Intevención do escritor e membro do xurado D. Miguel Anxo Alonso Diz

Continuaron os discursos coa intervención do escritor D. Miguel Anxo Alonso Diz que felicitou a todos os participantes polos seus traballos e pola súa participación nesta sexta edición do Certame e á Biblioteca e ao Concello pola iniciativa e implicación para levar a cabo o mesmo.

Intervención do Alcalde de Pazos de Borbén
D. Xosé Luciano Otero Camiña

Finalizaron estas intervencións cunhas palabras do Alcalde de Pazos de Borbén e Presidente do Xurado D. Xosé Luciano Otero Camiña que se dirixiu ao público reunido no auditorio para expresar o seu agradecemento aos asistentes pola súa presenza neste acto e ao persoal da Biblioteca polo traballo realizado para que este certame chegue á sexta edición con tanto éxito de participación. Agradeceu tamén aos membros do xurado o seu traballo manifestando que o pasaron moi ben lendo os relatos e vendo os debuxos e finalizou dándolle a benvida a este acto a todos os presentes e ver un auditorio tan cheo de vitalidade e de alegría na espera coñecer aos premiados deste ano.

O Secretario do Xurado José Manuel Soto Virulegio
iniciando a lectura para a entrega de premios

Unha vez rematados estes pequenos discursos procedeuse polo Secretario do Xurado á lectura da relación de galardoados neste VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén.

CATEGORÍA A: PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Gañadores e presentados da Categoría A

O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo titulado "A COSTUREIRA" e o pseudónimo de "PEPE", presentado por Mª RITA RIBEIRO DURÁN, de 56 anos, pertencente á Asociación ASPAVI.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

Mª Rita Ribeiro Durán recibindo o 1º premio que
lle entrega Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro

O SEGUNDO premio foi outorgado ao traballo títulado "A NOITE ENCANTADA" e o pseudónimo de "LENDA", presentado por JOSÉ MANUEL BOULLOSA GARCÍA, de 44 anos, pertencente á Asociación ASPAVI.

Para ler o relato premiado fai CLIC no título.

José Manuel Boullosa García co 2º Premio desta categoría

Nesta categoría concedéronse os seguintes accésits:

Traballo presentado baixo o título "A CASA DO CAMPO" e o pseudónimo de "PEREGRINO" de MONCHO FREAZA FARO, de 39 anos, pertencente á Asociación ASPAVI.

Para ver o relato/debuxo premiado fai CLIC no título.

Moncho Freaza Faro recibe o seu premio de mans
do escritor Miguel Anxo Alonso Diz

Traballo presentado baixo o título de "A CASA DO BOSQUE" e o pseudónimo de "COLORIN" de DIEGO FERNANDEZ VILANOVA, de 26 anos, pertencente á Asociación ASPAVI.

Para ver o relato/debuxo premiado fai CLIC no título.

Diego Fernández Vilanova recibe o seu premio
entregado por Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro

Unha vez entregados os premios aos galardoados desta categoría chamouse un por un ao resto dos participantes non premiados para entregarlles a cada un deles un Diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasalloE, por último, entregouse tamén un lote de libros para o centro ao que pertencen as persoas presentadas.

A Directora da Asociación ASPAVI Dª Mª Isabel Lorenzo Castro recibe o
lote de libros que lle entrega Dª Mª Eugenia Porritt Lueiro.

Nos próximos días seguiremos publicando os datos e imaxes da entrega de premios dos gañadores e participantes do resto das categorías en novas noticias que sairán publicadas neste Blog e no Facebook da Biblioteca.

Esta actividade enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2024 "OBRADOIROS E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" que organiza a Biblioteca Pública Municipal e que conta coa axuda e patrocinio do Concello de Pazos de Borbén e da Deputación Provincial de Pontevedra.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger