luns, 7 de xuño de 2021

O CASTELO DE SOUTOMAIOR

O CASTELO DE SOUTOMAIOR
Un lugar cheo de historias
Autor: Diego Piay Augusto
Tradución: Emilio Núñez Argiz
Alvarellos Editora e Deputación de Pontevedra

Xénero: Belas artes

A fortaleza de Soutomaior elévase maxestosa e en silencio, dominando o val do río Verdugo, na provincia de Pontevedra. O seu pasado agóchase tras unhas robustas murallas e remóntase ata o século XII. A fascinación que suscita este lugar atravesou todas as etapas da súa historia e chega ata os nosos días. Propietarios e visitantes ilustres deixaron aquí unha imborrable pegada e forman xa parte para sempre do Castelo de Soutomaior.

Este libro non é un ensaio histórico, nin unha guía ao uso, senón unha obra ilustrada que nos levará a descubrir un castelo que pasou de ser centro de poder na Galicia medieval a caer no esquecemento, e rexurdir novamente a finais do século XIX.

MÁIS DE CEN FOTOGRAFÍAS, ILUSTRACIÓNS E DOCUMENTOS

Unha narración enriquecida con multitude de anécdotas e informacións descoñecidas ata hoxe, e que inclúe máis dun centenar de fotografías (históricas e actuais), ilustracións e planos que somerxerán ao lector na historia dun dos monumentos máis sobresaíntes das Rías Baixas.

Donación fundación Filomena Rivero Alonso

ISBN: 978-84-16460-85-4
Nº de páxinas: 184
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 17 x 21 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger