E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

xoves, 10 de decembro de 2020

TEÑO MEDO

 
TEÑO MEDO
Autor: David de la Iglesia
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: +2 anos

É domingo pola mañá, Lucas vai ao parque, pero alí non ten amigos cos que xogar.

Quizais todos estean aínda a durmir! Só está Mr. Robot, quen se ocupa da vixilancia e mantemento do parque e que pode axudar a calquera neno que o precise.

Desde cativo é frecuente que Lucas teña pesadelos, case sempre relacionadas cos seus medos máis comúns: a escuridade, o sentimento de indefensión ante a soidade, os seres fantásticos de tradición popular…O pequeno cóntalle ao Robot o pesadelo daquela noite, e Mr. Robot, consciente do seu desasosego, comeza a facerlle preguntas e a pescudar cales son as súa inquedanzas e, despois, animalo para enfrontarse aos seus medos que o axuden a superalos.

Esta historia está baseada nas experiencias e conversacións reais que Lucas e o seu pai manteñen habitualmente. O seu pai decidiu escribir e ilustrar este libro para regalarllo ao seu fillo. É un exercicio para tentar axudar ao neno para verse desde fóra plasmado nunha historia e que isto poida servirlle de estímulo para superar os seus temores mais frecuentes. 

O medo a escuridade e un medo ancestral, e como emoción universal se experimenta xeración tras xeración. Quen sabe, quizais outros nenos poidan sentirse identificados con esta pequena e sinxela historia e tamén a eles lles sirva de axuda. A Lucas e á o seu pai faríalles moi feliz que así fose.

ISBN: 978-84-9151-449-7
Nº de páxinas: 20
Encadernación: Tapa dura
Formato: 28 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger