Xa está convocada a 7ª Edición do Premio Literario NORTEAR, unha iniciativa conxunta da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia – Norte de Portugal, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Direção Regional de Cultura do Norte que colaboran de forma continuada, promovendo diferentes actividades que teñen coma obxectivo o coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral, en ámbolos territorios. Búscase impulsar a expansión e o coñecemento do tecido cultural/artístico, así como estimular dinámicas de colaboración entre os axentes culturais deste espazo de cooperación, para convertelo nun polo cultural que se pretende sexa unha referencia en Europa no ámbito da Cooperación transfronteiriza.
Este premio, pretende distinguir, tódolos anos, obras literarias orixinais, co obxectivo de estimular o lanzamento de novos escritores, incentivar a creatividade literaria entre os mozos residentes na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e promover a circulación e distribución de obras literarias alén fronteiras.
Poden candidatarse ao Premio Nortear todas as persoas con plena capacidade xurídica, nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos.
O Premio Literario será dedicado a obras orixinais e inéditas, escritas en lingua portuguesa, segundo o novo acordo ortográfico, e en lingua galega, segundo a normativa ortográfica vixente publicada pola Real Academia Galega, e versará sobre o xénero do relato curto, e terá unha dotación económica de tres mil euros (3000 €) para o/a gañador/a.
A presentación das candidatura será online na web da Plataforma Nortear: https://nortear.gnpaect.eu/
Serán admitidas a concurso todas as obras presentadas ata as 23:59 (hora española) do día 30 de xuño de 2021. Cada candidato non poderá presentar máis de dúas obras ao concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.