WOLFRAM
Espías, Nazis e Maquis
Autor: Alberto Varela Ferreiro
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Género: Literatura Galega - Banda deseñada
1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta.
W.C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia.
Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do Terceiro Reich.
Na viaxe coñece a Molly Morrison, unha intrépida axente norteamericana coa que vivirá moitas aventuras...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.