E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

mércores, 13 de novembro de 2019

"MAXIA VS. CIENCIA" espectáculo de divulgación científica


O mércores día 20 de Novembro teremos un novo espectáculo do MAGO PACO de A Illa dos Nenos co nome de "MAXIA VS. CIENCIA" que mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida.

Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como: As cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. As veces sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica.

Un espectáculo dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos participantes facéndoos cómplices e protagonistas de cada experiencia.

Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.

Estas actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Nesta actividade é NECESARIA A INSCRICIÓN PREVIA CHAMANDO AO TELÉFONO da biblioteca nº 986 497 273.

ANIMÁMOSVOS A ACUDIR ÁS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSVOS!!!

2 comentarios:

  1. Unha actividade estupenda! Ao meu fillo encantoulle. Moitas gracias👏🏼👏🏼😊

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario Africa e por compartir a túa experiencia.
    A túa participación axúdanos a mellorar.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger